Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PIRAGUISMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PIRAGUISMO. Mostrar todas las entradas
27 de enero de 2020
O PIRAGÜISMO CAMBADOS GAÑA O TROFEO CONCELLO DE RIANXO
O conxunto arousán conseguiu a vitoria por diante do Piragüismo Olívico e Kaiak Vigo. Na tarde do sábado celebrábase nas inmediacións da lonxa de Rianxo o VII Trofeo Concello de Rianxo pertencente á liga galega de kaiak de mar, na que participaban máis de 250 palistas. A clasificación xeral do trofeo encabezouna o Piragüismo Cambados con 1681 puntos, seguido con 1601 puntos polo Piragüismo Olívico, mentres que a terceira posición sería para o Kaiak Vigo con 1321 puntos. O equipo cambadés fíxose co triunfo da clasificación masculina con 1358 puntos, seguido por Piragüismo Olívico con 1140 puntos e Piragüismo Illa de Arousa con 640 puntos. Polo que respecta á xeral feminina a vitoria sería para o Olívico mentres que a segunda e terceira posición recaía nos equipos do Illa de Arousa e Kaiak Vigo. Ademais, na modalidade mixta na que o Kaiak Vigo levou a vitoria por diante de Naval de Pontevedra e Náutico Cobres. A primeira posición en K1 Sprinter senior masculino foi para Carlos Pérez “ Perucho” (Ría de Aldán), en segunda posición chegou a meta Miguel Pérez (Piragüismo Cambados), sendo terceiro José Díaz (Piragüismo Olívico). Pola súa banda, Verónica Carrera (Piragüismo Olívico) logrou a medalla de ouro en muller K1 Sprinter senior, a prata foi para Rut Otero (Breogán) e o bronce para María Sanromán (Piragüismo Olívico).
22 de septiembre de 2019
BREOGÁN, O MUÍÑO E PIRAGÜISMO CAMBADOS DESTACADOS NOS CAMPIONATOS GALEGOS
Preto de 600 padeeiros disputaron onte nas instalacións viguesas da ETEA o Campionato Galego para as categorías pre benjamín, benjamín, e alevín. A clasificación xeral da proba quedaba encabezada polo Club de Mar Ría de Aldán que alanzou a cifra de 9580 puntos, mentres que o segundo lugar ocupábao con 7683 puntos o Breogán do Grove, terceiro con 5984 puntos terminaba o Club Náutico O Muiño . A primeira saída da xornada sería para os homes Pre benjamín onde as tres primeiras posicións ocupáronas Pablo Castiñeiras ( As Torres), seguido por Nacho da Torres (Piragüismo Olívico) e Fabio García ( As Torres). Na clasificación feminina a vencedora foi Gisela Rodríguez (Fluvial O Barco), mentres que Sofía Vallejo (Piragüismo Portonvo) foi segunda e Carla Fandiño (Ría de Aldán) terceira.
Os seguintes en participar serían os homes Benjamín, categoría na que levou a medalla de ouro Martín González (Ría de Aldán), a prata sería para Brais Chapela (Ría de Aldán) e o bronce levaríallo Manuel Martínez (Fluvial de Lugo). Pola súa banda, Candela Alonso (Piragüismo Olívico) gañou a proba en mulleres por diante de Catuxa Suárez (Piragüismo Cambados) e Lucía Macedo (Kaiak Tudense). Sofía Parada (Piragüismo Cambados) cruzaba a liña de meta en primeiro lugar da categoría muller Alevín B, seguida por Alba Baños ( Depornautic Arousa) e terceira foi Lorena Pérez (Piragüismo Portonovo). Sería Gael Bernal (Piragüismo Verducido) o campión masculino, chegando a meta por detrás del Hugo Mendez (Cabanas KDM) e Diego Feijoo (Kaiak Tudense). As dúas últimas competicións foron para os homes e mulleres Alevíns A, ocupando as tres primeiras posicións do podio feminino Natalia Moreira (E. P. Ciudad de Pontevedra), Sabela Dacosta (Ría de Aldán) e Nerea Rodríguez ( Río Verdugo) respectivamente. A carreira masculina gañábaa Daniel Torres (Piragüismo Portonovo), mentres que a segunda e terceira posición sería para Teo Fraga e Samuel Carballo (Cabanas KDM).
7 de septiembre de 2019
TARDE GLORIOSA PARA O PIRAGUISMO CAMBADOS
Iván Alonso e Jaime Sobrado, do Club de Piragüismo Olívico, impuxéronse con claridade na categoría de K2 sénior masculino no Trofeo Concello de Vigo de Piragüismo, que abría a Semana Abanca 2019 e que se celebrou este sábado no magnífico campo de regatas da ETEA, ao pé do lendario estreito de Rande. En xogo amén do Aberto vigués ao que se quere situar nun lugar referente do piragüismo español de kaiak de mar, disputouse o Campionato Galego-Trofeo Xunta de Galicia. En competición varios centos de padeeiros, maioritariamente galegos, que participaron en probas desde os 3.000 metros dos infantís, ata os 10.000 dos maiores, con ventos en momentos por encima dos 25 nós... e permanentemente de 15 a 20.
Os xuíces, con este duro panorama, optaban por montar o campo de regatas con saída na ETEA, moi preto da península da Guía na ría Vigo, con varias viradas en balizas e chegar ao Puente de Rande, para retornar á liña de chegada.
Os máis rápidos foron Iván Alonso e Jaime Sobrado, cun excelente crono de 39:29. Tras eles alcanzaban a meta Díaz e Liñallo tamén do Olívico que lograban a prata. O bronce foi para Iglesias e Chapela do Piragüismo Aldán.
Nas diferentes categorías, destacar os ouros logrados polos clubs coruñeses de As Xubias, o Ría de Muros de Noia e o Piragüismo de Rianxo. Por parte pontevedresa, os clubs máis destacados o Olívico vigués, Cobres, Cambados, Aldán e Illa de Arousa.Vento en OurenseEn Ourense nas probas de Esquí Náutico con rango de Campionato Galego da especialidade, o forte temporal de vento impedira a última hora do sábado o comezo das mangas previas, aínda cando os xuíces estaban a facer o posible por completar o programa. Para o domingo segunda xornada con comezo ás nova da mañá e clausura prevista ás dúas da tarde.Estes foron os vencedores das respectivas categorías en piragüismo:
TROFEO CONCELLO DE VIGO
Campeonato Gallego-Xunta de Galicia
KAYAK DE MAR-CUADRO DE HONOR
Mulleres Veteranas-A K1
Eva María Rodríguez (CCMDC Breogán de O Grove)
Mulleres Veteranas-B K1
Ana Belén Calvo (CM Ría de Aldán-Hermanos Gandón)
Mulleres Veteranas K2
Alicia Romaní y Simona Malkovslla (SD As Xubias-A Coruña)
Mulleres Seniors K2
Verónica Carrera y Begoña Fernández (CP Olívico de Vigo)
Mulleres Seniors K1
María del Palacio (CP Olívico de Vigo)
Mixto Seniors K2
Rosa María Barros y Alejandro Barros (CN Cobres)
Xuvenil Masculino K1
Francisco Gómez (SD As Xubias-A Coruña)
Xuvenil Masculino K2
José María Villaverde y Anxo López (CP Cambados)
Senior Masculino K1 Tradicional
David Bemposta (CP Cambados)
Senior Masculino K1
Pavlik Matous (CN As Xubias-A Coruña)
Senior Masculino K2
Iván Alonso y Jaime Manuel Sobrado (CP Olívico de Vigo)
Senior Masculino OC1
Jesús Pérez (CP Aldán)
Veterano Masculino-A K1
Fernando Estevez (CP Cambados)
Veterano Masculino-B K1
Humberto Fernández (Kayak Ría de Muros de Noia)
Veterano Masculino K1 Tradicional
Manuel González (CP Rianxo)
Veterano Masculino K2
Rodrigo Tiebo y Roberto Dacosta (CM Ría de Aldán-Hermanos Galdón)
Xuvenil Femenino
Clara Torres (CP Cambados)
CAMPIÓNS GALEGOS DE KAIAK DE MAR
O club cambadés proclamouse campión da liga Galega de Kaiak de Mar. Na competición que se celebrou en Vigo, por parte do Club Piragüismo Olívico obtiveron un 1° posto na liga Masculina, un 2° posto na liga Feminina e un 5° posto na liga Mixta.
O pasado sábado celebrouse en Vigo o Campionato Galego de Kaiak de Mar no que participaron 16 equipos e máis de 150 deportistas. Esta competición, ademais denominábase Trofeo Concello de Vigo e abría a Semana Abanca 2019 que se celebraba no magnífico campo de regatas da ETEA. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club Piragüismo Cambados (1897 puntos), mentres que a segunda posición sería para o Club Piragüismo Olívico (1580 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club Kaiak Vigo (1181 puntos) O equipo de cambadés repetiría triunfo na xeral masculina, seguido polo Piragüismo Olívico, terceiro foi o Club de Mar Ría de Aldán. A clasificación feminina o vencedor foi o Piragüismo Olívico, o segundo posto foi para Piragüismo Cambados e terceiro Piragüismo Illa de Arousa. Por último o Cabanas KDM fíxose co triunfo na clasificación Mixta, por diante de Kaiak Vigo e Náutico Cobres. Ademais, tivo lugar o campionato galego para a categoría infantil no que o título de campión levouno o Kaiak Vigo, o segundo posto era para o Deportnautic Arousa e o terceiro para Piragüismo Narón. Unha vez disputas todas as competicións da liga galega de kaiak de mar, o Piragüismo Cambados ocupa a primeira posición na táboa clasificatoria de liga masculina con 347 puntos, Piragüismo Olívico con 338 puntos é segundo e terceiro o Ría de Aldán con 313 puntos. Pola súa banda o Piragüismo Olívico é o primeiro clasificado da liga feminina con 342 puntos, por diante de Piragüismo Cambados con 333 e Kaiak Vigo con 325 puntos. Para finalizar, o Club Kaiak Vigo proclámase vencedor na nova modalidade mixta, o segundo e terceiro lugar levouno o Cabanas KDM e os Náutico Cobres.
Fotos- Piraguismo Cambados
15 de agosto de 2019
NOVO TRIUNFO DO PIRAGUISMO CAMBADOS
A vitoria na categoría feminina foi para o Club Piragüismo Olívico, pola contra o Piragüismo Cambados foi o vencedor da categoría masculina na proba celebrada onte na praia de Cabanas. O pasado domingo na praia da Madalena no concello de Cabanas tiña lugar a cuarta proba da liga Galega de Kaiak de Mar, na que se reuniron dezanove equipos galegos. O Club Piragüismo Cambados facíase co triunfo na xeral masculina da proba ao sumar 975 puntos, por diante do Club Piragüismo Olívico que alcanzou a cifra de 509 puntos mentres que a terceira posición levoulla o Club Cabanas KDM con 490 puntos. Polo que respecta á clasificación xeral feminina, a vitoria final sería para o Piragüismo Olívico con 408 puntos, o segundo lugar ocupábao o Club Kaiak Vigo con 258 puntos, mentres que a terceira posición era para o Piragüismo Cambados con 256 puntos. Por último o primeiro lugar na modalidade mixta foi para o Kaiak Vigo seguido por Cababas KDM e Ría de Aldán. A nivel individual a vitoria en K1 sénior sprinter foi para Adrián Carpente do Náutico Cambre, María do Palacio do Piragüismo Olívico foi a primeira en muller sénior.
3 de junio de 2019
PIRAGUISMO CAMBADOS QUEDA SEGUNDO NA REGATA DE BOUZAS
O pasado sábado celebrouse na praia de Bouzas en Vigo a 4º Regata da liga Galega de Kaiak Mar. O evento organizado polo Club Kaiak Vigo contaba coa participación de 21 equipos e máis de 230 deportistas. Ás 16:00 da tarde daba comezo a competición coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coas modalidades SUP. A clasificación xeral masculina do trofeo tivo como gañador ao Club Piragüismo Olívico (1377 puntos), mentres que a segunda posición sería para o Piragüismo Cambados (1079 puntos) e o terceiro posto levaríalla o Kaiak Vigo (723 puntos). Doutra banda a clasificación feminina terminaba co Piragüismo Olívico (465 puntos) en primeiro lugar seguido polo Piragüismo Illa de Arousa (264 puntos) e o Kaiak Vigo (241 puntos). A nivel individual destaca a vitoria en K1 Senior Sprinter masculino de Artur Pereira por diante de Miguel Pérez (Piragüismo Cambados) e a terceira praza obtívoa Luís Blanco (Náutico Firrete). Na modalidade K2 Sprinter Senior o podio completárono en primeira posición a parella do Club Piragüismo Olívico José María Díaz e Miguel Liaño, segunda praza para Andro Durán xunto a Samuel Viana (Piragüismo Cambados) sendo o terceiro lugar para Jose Collazo e Daniel García (Náutico Cobres).
18 de mayo de 2019
O CLUB PIRAGÜISMO CAMBADOS LÉVASE A VICTORIA EN VILAGARCÍA
O peirao de pasaxeiros de Vilagarcía de Arousa acolleu na tarde de onte a 3º regata da liga galega de kaiak de mar da tempada. O evento organizado polo Club Depornautic Arousa contaba coa participación de 17 equipos e máis de 200 deportistas. Ás 17:00 horas daba comezo a competición coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club Piragüismo Cambados, mentres que a segunda posición foi para o Club Piragüismo Olívico e o terceiro posto levoullo o Club Kaiak Vigo
A nivel individual destaca a vitoria en K1 Senior Sprinter de Artur Pereira, o segundo en entrar en meta foi Miguel Pérez (Piragüismo Cambados) e a terceira praza obtívoa Daniel García (Náutico Cobres). En mulleres as tres primeiras clasificadas foron Verónica Carrera (Piragüismo Olívico), Clara Torres (Piragüismo Cambados) e Mercedes Covelo (Kaiak Vigo). Na modalidade K2 Sprinter Senior o podio completárono a parella do Piragüismo Illa de Arousa Andro Durán e Samuel Viana, segundos chegaron Juan García xunto a Jorge Calvo (Piragüismo Cambados) e terceiros chegaron Celestino Rodríguez con Ramón Pérez (Piragüismo Rianxo). A clasificación feminina encabezárona as deportistas do Piragüismo Illa de Arousa Gloria Silva formando parella con Noemi Ponce, mentres que segundas e terceiras clasificáronse Paula Pérez xunto a Iria Amoedo e Jennifer Fernández con Ana Ferreira do Kaiak Vigo.
25 de marzo de 2019
DOBLETE PARA PIRAGÜISMO CAMBADOS EN RIANXO
O conxunto cambadés conseguiu a vitoria na xeral masculina e feminina.
Na tarde do sábado celebrábase nas inmediacións da lonxa de Rianxo o VI Trofeo Concello de Rianxo pertencente á liga galega de kaiak de mar, na que participaban máis de 250 participantes.
Ao termo de todas as saídas a clasificación masculina quedou encabezada polo Piragüismo Cambados con 1239 puntos, seguido por Piragüismo Olívico con 989 puntos e Club de Mar Ría de Aldán con 970 puntos. Polo que respecta á xeral feminina Cambados e Olívico repetían posicións mentres que a terceira posición sería para o Club Kaiak Vigo. Ademais, como novidade neste ano 2019 estreouse a modalidade mixta na que o Kaiak Vigo levou a vitoria por diante de Náutico Cobres e Club Cabanas KDM.
A primeira posición en K1 Sprinter senior masculino foi para Miguel Pérez (Piragüismo Cambados), en segunda posición chegou a meta Valentín Sabarís (Piragüismo Verducido), sendo terceiro Óscar Iglesias (Ría de Aldán). Pola súa banda, Carmela Menduíña (Ría de Aldán) logrou a medalla de ouro en muller K1 Sprinter senior, a prata sería para Alejandra Manso (E. P. Cidade de Pontevedra) e o bronce para Antía Naveiro (Breogán do Grove).
Rianxo converteuse o sábado no epicentro do Kaiak de Mar galego. A sexta edición da Regata de Kaiak de Mar Concello de Rianxo que organiza o Club de Piragüismo Rianxo dió comezo ás 15.30 horas. Os participantes completaron un percorrido de 5 e 10 quilómetros, segundo a categoría e modalidade, unha vez terminadas as regatas fíxose entrega dos premios na Lonxa Vella de Rianxo. Esta competición que abría a liga galega da modalidade conta cos principais favoritos ao triunfo na xeral ao termo das cinco competicións que compoñen o campionato ligueiro. Así ben, os equipos con maior número de participantes son o Club Piragüismo Cambados que competiu con 36 deportistas, mentres que o Piragüismo Olívico faino con 29 do mesmo xeito que o Kaiak Vigo. En total 24 equipos participantes que suman 280 deportistas.
A próxima competición da liga celebrarase o día 1 de maio en Cambados.
A primeira posición en K1 Sprinter senior masculino foi para Miguel Pérez (Piragüismo Cambados), en segunda posición chegou a meta Valentín Sabarís (Piragüismo Verducido), sendo terceiro Óscar Iglesias (Ría de Aldán). Pola súa banda, Carmela Menduíña (Ría de Aldán) logrou a medalla de ouro en muller K1 Sprinter senior, a prata sería para Alejandra Manso (E. P. Cidade de Pontevedra) e o bronce para Antía Naveiro (Breogán do Grove).
Rianxo converteuse o sábado no epicentro do Kaiak de Mar galego. A sexta edición da Regata de Kaiak de Mar Concello de Rianxo que organiza o Club de Piragüismo Rianxo dió comezo ás 15.30 horas. Os participantes completaron un percorrido de 5 e 10 quilómetros, segundo a categoría e modalidade, unha vez terminadas as regatas fíxose entrega dos premios na Lonxa Vella de Rianxo. Esta competición que abría a liga galega da modalidade conta cos principais favoritos ao triunfo na xeral ao termo das cinco competicións que compoñen o campionato ligueiro. Así ben, os equipos con maior número de participantes son o Club Piragüismo Cambados que competiu con 36 deportistas, mentres que o Piragüismo Olívico faino con 29 do mesmo xeito que o Kaiak Vigo. En total 24 equipos participantes que suman 280 deportistas.
A próxima competición da liga celebrarase o día 1 de maio en Cambados.
13 de agosto de 2018
O CLUB PIRAGÜISMO CAMBADOS CAMPIÓN DA LIGA DE KAYAK DE MAR
A vitoria na categoría feminina foi para o Club Piragüismo Olívico, pola contra o Piragüismo Cambados foi o vencedor da categoría masculina na proba celebrada onte na praia de Cabanas. A praia da Madalena no concello de Cabanas tiña lugar a última proba da liga Galega de Kaiak de Mar, na que se reuniron dezanove equipos galegos. Ademais a competición era campionato galego da especialidade. O Club Piragüismo Cambados facíase co triunfo na xeral da proba ao sumar 1385 puntos, por diante do Club Piragüismo Olívico que sumou 917 puntos mentres que a terceira posición levouna o Club de Mar Ría de Aldán con 845 puntos. Polo que respecta á clasificación xeral feminina, a vitoria final na liga lévalla o Club Piragüismo Olívico, sendo o vencedor masculino o Club Piragüismo Cambados. A nivel individual a vitoria en K1 senior sprinter foi para Carlos Pérez “Perucho” do Club de Mar Ría de Aldán, seguido por Jose Girón do Fluvial O Barco e de Jacobo García do E. P. Cidade de Pontevedra, Evangelina Vázquez do Piragüismo Cambados foi a primeira en muller senior sprinter, por diante de María Sanromán do Piragüismo Olívico.
30 de julio de 2018
O CLUB PIRAGÜISMO CAMBADOS VENCE NA REGATA DE KAIAK DE MAR EN BOUZAS
Na tarde do sábado a praia de Bouzas en Vigo foi o escenario da 2º Regata Kaiak Vigo pertencente á liga Galega de Kaiak de Mar. O evento organizado polo Club Kaiak Vigo contaba coa participación de 15 equipos e máis de 120 deportistas. Ás 16:00 da tarde daba comezo a competición coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coas modalidades SUP. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club Piragüismo Cambados (1054 puntos), a segunda posición foi para o Club de Mar Ría de Aldán (846 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club Piragüismo Olívico (588 puntos). A nivel individual destaca a vitoria en K1 Senior Sprinter de Ion Carballo (Naval de Pontevedra) por diante de Emilio Mediavila (Kaiak Vigo) e a terceira praza obtívoa Óscar Iglesias (Ría de Aldán) Na modalidade K2 Sprinter Senior o podio completárono en primeira posición a parella do Club Piragüismo Olívico Mario Soage e Bernardo Rodríguez, segunda praza para Juventino Pérez xunto a José María Villverde (Piragüismo Cambados) sendo terceiros os cambadeses Fernando Pombo e Juan Varela.
8 de julio de 2018
O C.PIRAGUISMO CAMBADOS VENCE EN VIGO
As inmediacións do Real Club Náutico de Vigo acolleu esta tarde a 3º regata Olívica pertencente á liga Galega de Kaiak de Mar. O evento organizado polo Club Piragüismo Olívico contaba coa participación de 17 equipos e máis de 150 deportistas. Ás 17.00 da tarde daba comezo a competición coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coas modalidades SUP. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club Piragüismo Cambados (1469 puntos), a segunda posición foi para o Club Piragüismo Olívico (1226 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club de Mar Ría de Aldán (849 puntos). O equipo de cambadés repetiría triunfo na xeral masculina con 1271 puntos, seguidos polo Piragüismo Olívico que sumou 954 puntos, terceiro con 715 puntos foi o Club de Mar Ría de Aldán. Mentres que na clasificación feminina o vencedor foi o Piragüismo Olívico con 269 puntos, o segundo posto foi para o E. P Cidade de Pontevedra con 268 puntos e terceiro Piragüismo Cambados con 198 puntos.
21 de mayo de 2018
PIRAGUISMO CAMBADOS ACADA A 2ª PLAZA NA REGATA DE KAYAK DE MAR DE VILAGARCÍA
O peirao de pasaxeiros de Vilagarcía acolleu na mañá de onte a 3º regata da liga galega de kaiak de mar da tempada. O evento organizado polo Club Depornautic Arousa contaba coa participación de 20 equipos e máis de 150 deportistas. Ás 10:30 da mañá daba comezo a competición coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club de Mar Ría de Aldán (1811 puntos), a segunda posición foi para o Club Piragüismo Cambados (1701 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club Piragüismo Olívico (1127 puntos) O equipo de aldán repetiría triunfo na xeral masculina con 1230 puntos, seguidos polo Piragüismo Cambados que sumou 1053 puntos, terceiro con 742 puntos foi o Club Piragüismo Olívico. Os tres conxuntos repetiron posicións na xeral feminina. A nivel individual destaca a vitoria en K1 Senior Sprinter de Carlos Pérez “ Perucho” (Ría de Aldán) o segundo en entrar en meta foi Breogán Monteagudo (Naval de Pontevedra) e a terceira praza obtívoa José Antonio Girón (Fluvial O Barco). En mulleres as tres primeiras clasificadas foron María do Palacio (Piragüismo Olívico), Bruna Nickelle (Piragüismo Cambados) e Marta Hermida (Ría de Aldán). Na modalidade K2 Sprinter Senior o podio completárono a parella do Club Naval de Pontevedra Ion Carballo e Manuel Becerra, segundos chegaron Francisco Vázquez xunto a Carlos Álvarez (Fluvial de Lugo) e terceiros chegaron os irmáns Borja e Aitor López (Piragüismo Olívico).
2 de mayo de 2018
O CLUB PIRAGÜISMO CAMBADOS GAÑA NA CASA
O conxunto arousán mostrou o seu poderío vencendo nas dúas clasificacións masculina e feminina. O peirao de Santo Tomé de Cambados acolleu na tarde de onte a 2º regata da liga galega de kaiak de mar da tempada. A competición daba comezo ás 16:00 da tarde coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares.
Esta edición do Trofeo Concello de Cambados tivo como gañador ao Piragüismo Cambados (1633 puntos), a segunda posición foi para o Club Piragüismo Olívico (1094 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club de Mar Ría de Aldán (843 puntos) O equipo anfitrión repetiría triunfo na xeral masculina con 1304 puntos, seguidos polo Club de Mar Ría de Aldán que sumou 843 puntos, terceiro con 828 puntos foi o Club Piragüismo Olívico. Mentres que a xeral feminina volveu ser o Piragüismo Cambados o vencedor con 329 puntos, seguido en segunda posición polo Piragüismo Olívico con 266 puntos e terceiro sería o Piragüismo Illa de Arousa con 140 puntos.
A nivel individual destaca a vitoria en K1 Senior Sprinter de Artur Martins (Sporting de Portugal) o segundo en entrar en meta foi Jacobo García (E. P. Cidade de Pontevedra) e a terceira praza obtívoa Miguel Pérez (Piragüismo Cambados). En mulleres as tres primeiras clasificadas foron María do Palacio (Piragüismo Olívico), Bruna Nickelle (Piragüismo Cambados) e Evangelina Vázquez (Piragüismo Cambados). Na modalidade K2 Sprinter Senior o podio completárono a parella do Club Fluvial O Barco Bernardo Sánchez e Jesús Rodríguez, segundos chegaron os irmáns Borja e Aitor López (Piragüismo Olívico) e terceiros os padeeiros do Naval de Pontevedra Xullo Fontán e Ivan Benavente.
RESULTADOS
30 de abril de 2018
CAMBADOS, ESCENARIO DE II REGATA DA LIGA GALEGA DE KAIAK DE MAR/SUP
210 deportistas participarán na proba. Ás 16:00 horas de mañá celébrase no peirao de Santo Tome de Cambados a 2º regata da liga galega de kaiak de mar/sup da tempada. A competición dará comezo coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde iniciarán a proba as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP, tradicional e populares. Os 21 equipos que se desprazan a Cambados levarán un gran número de participantes. Os 210 padeeiros inscritos realizarán un percorrido de 10 km, empezando no embarcadoiro de Santo Tome con dirección cara á ponte da Illa de Arousa, unha vez pasado a pasarela estará a boia para virar e volver cara ao punto de partida. As clasificacións xerais da liga nestes momentos encabézaas en homes o Piragüismo Cambados con 50 puntos, en segunda posición atópase o Club de Mar Ría de Aldán con 48 puntos e terceiro o Naval de Pontevedra con 47 puntos. Pola contra en mulleres, o líder é o Club de Mar Ría de Aldán con 50 puntos, seguido polo Piragüismo Olívico e o Náutico O Muiño con 47 puntos.


















