Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta NN.XX.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NN.XX.. Mostrar todas las entradas
30 de abril de 2017
UNHA CAMBADESA LIDERARÁ AS XUVENTUDES POPULARES DE EUROPA
Foi elexida secretaria xeral co cen por cento dos votos, no congreso celebrado na cidade croata de Dubrovnik este sábado
Unha muller galega lidera novas xeracións do PP en Europa. Maru Pardal foi elexida secretaria xeral co cen por cento dos votos, no congreso celebrado na cidade croata de Dubrovnik este sábado.
A cambadesa de 31 anos ocupábase, ata agora das relacións internacionais da asociación de mozos do partido popular. Maru Pardal estudou Tradución e Interpretación en Vigo e especializouse en Dereito, Economía e Política da Unión Europea.
Maru Pardal (1986) estudou Tradución e Interpretación en Vigo e especializouse en Dereito, Lei, Economía e Política da Unión Europea. Tamén é parella de Javier Dourado, secretario xeral de Novas Xeracións en España, con quen ten unha filla nada o pasado mes de outubro.
16 de agosto de 2013
COMUNICADO DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS
Xuventudes Socialistas de Cambados lamenta que as Novas Xeracións do PP defendan as ameazas e desmontan todas as mentiras do seu comunicado
As Novas Xeracións minten cando din que pagaron a súa entrada ao Xantar da Festa do Albariño, pois a súa compañeira que tanto defenden recoñeceu que os seus compañeiros acudiron gratis.
Entre os convidados estaban o Presidente das Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado e membros da directiva da organización en Cambados.
Ademais as NNXX defenden as amezas realizadas pola membro da súa directiva ao noso Secretario Xeral, mostra da escasa conciencia democrática que ten a organización xuvenil do Partido Popular.
Por outra parte emprazámolos a diferenciar entre Xuventudes Socialistas e PSdeG, pois somos organizacións afíns e ligadas, pero ambas con independencia plena, non como as NNXX que dependen totalmente do Partido Popular.
Queremos aclarar que Ismael Agra acudiu en representación do PSdeG-PSOE de Cambados como membro da súa C.Executiva, ao non poder facelo a Secretaria Xeral, coa súa invitación; mentres que do Partido Popular acudiron os cargos institucionais en pleno e aparte os membros das Novas Xeracións.
E para rematar, Ismael Agra afirma ‘’o que queda claro é a actitude antidemocráctica e a falta de respeto que ten o Partido Popular de Cambados, pois son cómplices das ameazas da súa compañeira’’.

