Chega PONMO. En apenas 24 horas estréase este evento de moda que, segundo os seus organizadores, superou todas as expectativas de participación e de asistencia. Do xoves 26 ao sábado 28 de setembro, Pontevedra converterase "na capital da moda galega". Serán, "tres días de creatividade, talento e imaxinación".
Ás 21.30 horas do venres terá lugar o certame Mara Martín PONMONOVO. Poderanse contemplar as 12 coleccións dos novos diseñadores seleccionados sobre un total de 76 propostas chegadas á organización no prazo establecido. Trátase de Clara Beltrán, Óscar González, Irene Varela, Leyre Valiente, Alberto Neves, Verónica Ouro, Mónica Guillán, Érase que se era, Sandra Fuente, María Viqueira, Alejandra Lorenzo e Charry Lamprea.
Mentres o xurado delibera ofreceranse dous desfiles adicionais a cargo de dúas firmas: "Nicanora", unha marca galega que crea tiradas limitadas e continuas de pezas, rescatando teas descatalogadas e botóns antigos en mercadiños, sempre con técnicas e cortes sinxelos; e "Krack", que mostrarán os últimos deseños en zapatos desenvolvidos pola marca afincada en Pontevedra en colaboración con Tania Pardo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.