Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MEDIO RURAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MEDIO RURAL. Mostrar todas las entradas

8 de diciembre de 2018

MEDIO RURAL AVANZA NA REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE OUBIÑA 2º SECTOR DE CAMBADOS


A través da enquisa previa ao acordo que establece a Metaga, os veciños poderán facer as alegacións que consideren oportunas

A Consellería do Medio Rural segue avanzando nos procesos de reestruturación parcelaria de toda Galicia e, desta vez, dá un novo paso na reorganización de Oubiña 2º sector, no Concello de Cambados, coa enquisa previa ao acordo, tal e como establece a Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga).

En concreto, a dirección xeral de Desenvolvemento Rural, o departamento responsable de levar a cabo estes procedementos, convoca a todas as persoas interesadas a un encontro o próximo xoves 13, no local social de Oubiña, para coñecer os predios de substitución que se lle van asignar aos propietarios e trasladarlle información de interese. Durante o período dun mes a contar dende entón poderán presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas e os documentos que as fundamenten.

Ademais, esta consellería, previa entrega de fichas de atribución, organizará un encontro informativo nese mesmo local social da man dos técnicos que están levando a cabo esta reorganización territorial para aclarar as dúbidas que poidan ter os veciños/as. O encontro está previsto para as 10,00 h da mañá e a continuación e durante todo o día procederase á entrega dos boletíns (de 11,00 a 14,00 e de 15,30 a 18,00 h). Será preciso identificarse a través do DNI ou equivalente.

A partir dese día poderanse consultar os planos no mesmo local ou na web de Medio Rural.



25 de abril de 2017

A CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL FAI O "PARIPÉ" EN MADRID COA CAPITAL EUROPEA DO VIÑO












A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, "reafirmou" hoxe o apoio da Xunta á promoción de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017 e, en xeral, dos viños galegos, partindo da súa “indiscutible calidade e a súa vinculación co territorio”.
Vázquez lembrou que a Consellería está a poñer en valor esta distinción de Cambados nas diferentes feiras e eventos sectoriais, tanto directamente como a través do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Esta promoción enmárcase nas iniciativas de divulgación dos viños galegos nos diferentes mercados nacionais e internacionais. Pero non a título individual. Esquece a conselleira que en Fitur, ningún membro da Xunta, a pesares de estar presentes na feira apoiou coa sua presenza a Cambados.
A titular de Medio Rural asistiu en Madrid á presentación de “Cambados Cidade Europea do Viño 2017”, que tivo lugar no Túnel do Viño no marco do Salón Gourmets. Alí, Ángeles Vázquez salientou que desde o primeiro momento o Goberno galego apoiou este recoñecemento á vila de Cambados, que definiu como “punto de referencia da cultura vitivinícola”. Algo que, engadiu, ponse de manifesto con fitos como a festa do Albariño ou polo propio patrimonio histórico e artístico que atesoura esta localidade do Salnés.
Como vedes a promoción delimítase ao ámbito presencial, nin económicamente nin coa celebración de actos distintos aos de outros anos.








20 de febrero de 2017

MEDIO RURAL NON CONCRETA OS SEUS PLANS CON CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO










A Consellería amosou a súa disposición a estudar posibles vías de cooperación con este Concello, no marco da promoción xeral do viño galego que xa vén realizando a Xunta, en relación coa declaración de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017.



Representantes do Concello de Cambados foron recibidos esta mañá pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, co fin de analizar posibles vías de colaboración relacionadas coa elección desta localidade pontevedresa como Cidade Europea do Viño 2017. Diante da ausencia da alcaldesa, que desculpou a súa asistencia por motivos persoais, a titular de Medio Rural atendeu ao concelleiro de Enoturismo, J. Ramón Abal e un técnico municipais, que trasladaron a súa petición de cooperación, por parte da Xunta, en relación co programa de actos previstos con motivo desta designación.
A conselleira amosou a súa disposición a estudar esas posibles vías de colaboración solicitadas polo Concello, no marco da promoción do viño galego en xeral e das diferentes denominacións de orixe que xa vén realizando a Xunta. Así, lembrou que a Consellería está a difundir e poñer en valor os viños galegos en diferentes feiras e certames, así como a través das catas de Galicia e outros eventos sectoriais.
A Consellería apoiou desde o primeiro momento a candidatura de Cambados, que foi elixida Cidade Europea do Viño 2017 en novembro pasado en Portugal. Así, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez enviou no seu día unha carta de apoio a esta iniciativa como destino turístico vinculado á viticultura e foi dos primeiros en felicitar a Cambados por ter acadado esta distinción.

En resumidas contas, moito bla bla bla e pouca cooperación





31 de octubre de 2016

MEDIO RURAL APOIA A CANDIDATURA DE CAMBADOS COMO CIDADE EUROPEA DO VIÑO










A Consellería do Medio Rural mostra o seu apoio ao municipio de Cambados para que este sexa elixido Cidade Europea do Viño 2017, que este ano será española. A conselleira, Ángeles Vázquez, xa enviou no seu día unha carta de apoio á candidatura da localidade para o nomeamento que outorga a Rede Europea de Cidades do Viño (Recevin).
Ángeles Vázquez considera que lograr este recoñecemento suporía “un importante impulso á Denominación de Orixe Rías Baixas e contribuiría á promoción do enoturismo na Mancomunidade do Salnés e en todo o ámbito territorial das Rías Baixas”.
Doutra banda, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, recibiu ao concelleiro de Obras de Cambados, Xosé Ramón Abal Varela, que lle explicou á responsable autonómica en que consistía a súa proposta. A candidatura, que contempla ata 80 actividades, non inclúe só referencias á enoloxía en si, senón tamén ao enoturismo no Salnés. Contempla mesmo accións internacionais a través dun intercambio con Irlanda. Nesta iniciativa o Concello vai da man do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.
A candidatura de Cambados ten posibilidades de ser a seleccionada, xa que hai tres anos quedaba en segunda posición e é a única localidade con experiencia. En concreto, Cambados compite con Aranda del Duero, Villafranca del Penedés e Palma del Condado. O gañador darase a coñecer o próximo venres, día 4 de novembro, tras unha reunión celebrada en Palmea, Portugal.

Recevin


A Rede Europea de Cidades do Viño (Recevin) está integrada por 800 urbes de toda Europa, entre as que destacan as de países como Italia, Portugal e España, pero tamén participan localidades de Francia, Alemaña, Grecia e Polonia. A entidade organiza este concurso no marco de actividades de promoción e difusión do enoturismo e considérase unha oportunidade única para potenciar o desenvolvemento da riqueza, diversidade e os rasgos comúns da cultura do viño a nivel europeo, ofrecendo un mellor coñecemento da paisaxe, a economía, a gastronomía e o patrimonio da zona elixida.





18 de febrero de 2014

CONCENTRACIÓN PARCELARIA EN OUBIÑA


A Consellería do Medio Rural e do Mar ven de publicar no D.O.G. de hoxe martes o anuncio con data do 4 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, no que se comunica o comezo dos traballos de investigación da propiedade na zona de concentración parcelaria de Oubiña, 2º sector (Cambados).

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas na concentración parcelaria da zona de Oubiña, 2º sector (Cambados, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 146/2013, do 5 de setembro (DOG número 179, do 19 de setembro), que se van iniciar os traballos de investigación da propiedade para os efectos da concentración, que darán comezo o día seguinte ao da publicación deste anuncio e que se prolongarán durante o tempo necesario, no lugar habilitado para os efectos na mesma parroquia e nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra.
Requírense os propietarios, arrendatarios e, en xeral, os cultivadores e titulares de calquera dereito para que, dentro do citado prazo, lle presenten ao persoal encargado dos citados traballos os escritos en que fundamenten os seus dereitos e declaren, en todo caso, os gravames ou situacións xurídicas que afecten as súas parcelas ou os seus dereitos.

Advírtese que as parcelas dos propietarios que non declarasen neste período serán consideradas como parcelas de descoñecidos e daráselles o destino sinalado na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro. Tamén se advirte de que a falsidade destas declaracións dará lugar, con independencia das sancións penais, á responsabilidade por danos e perdas que deriven desta.
Os traballos de concentración afectarán en principio as parcelas rústicas incluídas no sector 2º da parroquia de Oubiña (Cambados, Pontevedra). Polo tanto, os propietarios deberán, no seu propio interese, ademais de facer a declaración das súas parcelas, seguir o desenvolvemento dos traballos de concentración para facer valer os seus dereitos no momento oportuno.