Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CPAE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CPAE. Mostrar todas las entradas

10 de noviembre de 2016

CARMELA SILVA PRESIDE EN CAMBADOS A PRESENTACIÓN DO PROXECTO "SMARTPEME"












A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu o acto de presentación do proxecto "SmartPeme", substituto do antigo CPAE 2.0, entre o tecido empresarial de Cambados co obxectivo de dar énfase a implantación de novas formulacións en materia de estratexia dixital. Silva estivo acompañada polo Deputado provincial de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal.
A presidenta provincial sinalou que "con SmartPeme o que estamos a facer é pornos do lado desas persoas que precisan de novas ferramentas para poder ver crecer os seus proxectos e ideas" xa que "necesitan que dende o ámbito público e privado sumemos sinerxías". De feito, Silva sinalou que "SmartPeme supón facer un recoñecemento a quen se atreven a pór en marcha as súas ideas, con toda a complexidade que iso ten, e a Administración debe aproveitar a riqueza que hai na sociedade para se converter nun vínculo desas ideas, apostar por elas e que as persoas as poidan pór en marcha".
Ademais, a Presidenta provincial sinalou que "na Deputación de Pontevedra somos moi conscientes de que debemos dar respostas inmediatas ás novas situacións que se crean e aos cambios tan vertixinosos, e o debemos facer coa sociedade", que é "moi complexa e globalizada pero cada día máis dependente do local para poder crecer".
O proxecto "SmartPeme" é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os e as emprendedoras, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos. Todo iso empregando as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e as novas tecnoloxías (redes sociais, comercio electrónico…).
Para isto, nas oficinas de "SmartPeme" no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se porán en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
"SmartPeme" consegue, ademais, que a colaboración cos concellos sexa máis estreita xa que o proxecto se oferta como un servizo propio dos municipios, para que sexan eles os que presten o asesoramento e impulsen ás empresas, persoas autónomas e emprendedoras. Isto é así porque dende a Deputación de Pontevedra considérase que as corporacións municipais son as que mellor coñecen a realidade empresarial dos seus territorios e, polo tanto, quen poden ofertar un servizo máis adaptado segundo os sectores máis presentes nos tecidos empresariais desas vilas (unha especialización que tamén se leva a cabo nas oficinas). A institución provincial se converte deste xeito nun vehículo para que os concellos poidan converterse nos protagonistas, ofertando un servizo que responda ás necesidades das veciñas e veciños da provincia que se dediquen ao mundo empresarial ou queiran emprender.





5 de septiembre de 2016

NOVOS CURSOS DA DEPUTACIÓN EN CAMBADOS








A provincia de Pontevedra acollerá durante todo o mes de setembro, os obradoiros do programa "SmartPeme" que se desenvolverán nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo cunha programación de actividades de diversa índole en horario de 19.00 horas. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e de mozos e mozas autónomas.

En Cambados, se realizarán 6 obradoiros no Centro ExpoSalnés. 

As quendas desenvolveranse tamén en horario de 19:00 horas: 

o xoves 8 de setembro, "Como facer unha campaña de publicidade exitosa en 

Google?". 

O venres 16 de setembro, "Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio". 

O luns 19 de setembro, "Fotografía e vídeo para espazos interiores". 

O xoves 22 de setembro, "A túa páxina web con WordPress". 

O martes 27 de setembro, "Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais". 

Por último, o venres 30 de setembro, "LinkedIn: a túa rede de networking". A 

oficina SmartPeme de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da 

Calzada, s/n.

As inscricións a todos eles se realizarán no número de teléfono 886 20 20 20.


Lembramos que o novo proxecto SmartPeme, en palabras da presidenta da Deputación na presentación do proxecto aos concellos celebrada a finais do pasado mes de xuño, "é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos".  Para isto, nas oficinas de SmartPeme no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se porán en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Máis información









4 de julio de 2016

NOVOS CURSOS NO CPAE DE CAMBADOS








Smartpeme desenvolverá ó longo deste mes de xullo 30 obradoiros dentra da súa programación de eventos informativos sobre as TIC.  Este proxecto trátase dun novo modelo de servizo que a través das oficinas de Cambados, Lalín, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo orienta a súa actuación á mellora competitiva das pemes co obxectivo de impulsar o desenvolvemento económico da provincia a través das novas tecnoloxías.
En Cambados, no Centro ExpoSalnés, os obradoiros que se impartirán serán "Fotografía con Smartphone: PIXLR para Android e IOS" (o luns 4, 19:00 h.), 
"Como mellorar a percepción da túa clientela cos teus e-mail" (xoves 7, 19:00 h.), 
"Como empregar Google e Google Apps for Business" (martes 12, 19:00 h.), "Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisións" (martes 19, 19:00 h.), 
"Seguridade informática: conceptos básicos" (xoves 21, 19:00 h.)  
"Elixe a túa plataforma de comercio electrónico" (venres 29, 19:00 h.).
As persoas interesadas poderanse inscribir e obter información a través do teléfono 886 20 20 20.




14 de junio de 2016

AS REDES SOCIAIS PARA AUTÓNOMOS E MICROPEMES









Este xoves nas oficinas do CPAE 2.0 de Cambados en Exposalnés celebrarase un  
taller informativo desde as 19:00 horas co título "VEN A DESCUBRIR QUE SON 

E PARA QUE SERVEN AS REDES SOCIAIS"

Obxectivos:

Este taller informativo está orientado a autónomos e micropemes, co obxectivo de que coñezan mellor a importancia das redes sociais e de como poden mellorar o seu negocio, xa que estas son unha canle de comunicación que serve para proxectar unha imaxe positiva e próxima da nosa marca, produtos ou servizos e permiten establecer relacións e sinerxias con provedores, clientes e, por que non, coa competencia, ademais de ofrecer outras moitas vantaxes que tamén se tratarán aquí.


Contidos:
 -As redes sociais
 -Usando as redes sociais: Facebook, Twitter, Google My Business, Youtube, Linkedin.
 -Creando o teu propio blogue
 -Traballando con RRSS

Relator: o taller será impartido por José Luis Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia e especializado en sistemas informáticos. É asesor do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial.


Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse







5 de junio de 2016

SETE OBRADOIROS TIC NO CPAE DE CAMBADOS









O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial, o CPAE 2.0, desenvolverá ao longo deste mes de xuño 36 obradoiros  dentro da súa programación de eventos informativos sobre as TIC. Este proxecto, un servizo de asesoramento TIC para as empresas, está composto por unha rede de seis centros situados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño. O CPAE 2.0 ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación, facilitar a implantación do comercio electrónico e impulsar a venda en liña.
En Cambados, no Centro ExpoSalnés, os obradoiros serán "Xestiona o teu negocio dende o móbil" (o martes 7), "Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico" (o luns 13), "Vén descubrir qué son e para qué serven as redes sociais" (o xoves 16), "Sácalle partido á túa conta de Gmail" (o martes 21) e, por último, "Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…" (o mércores 29), todos en horario de 19:00 horas. A eles haberíaselle que engadir o de "A túa información sempre á man, almacenamento na nube" que tivo lugar o pasado día 2.




Máis información








2 de mayo de 2016

NOVOS CURSOS NO CPAE 2.0 DA DEPUTACIÓN














O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0 desenvolve as iniciativas en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño
A Deputación de Pontevedra organiza este programa formativo a través do CPAE 2.0, a rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías que presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra. En concreto, un total de 64.000 autónomos e pemes, que constitúen o 92% do tecido empresarial da provincia, poden beneficiarse destas iniciativas do CPAE, que se desenvolven nos seus centros, en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

O CPAE 2.0 oferta toda unha serie de actuacións para que autónomos e pemes melloren os seus negocios a través das novas tecnoloxías, logrando así un aumento da produtividade, introducindo a innovación nos procesos produtivos e servizos, facilitándolles a implantación do comercio electrónico e creando unha nova canle de venda online de produtos e servizos.

En concreto, a Deputación organiza trinta e seis obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de maio. Impartirase un curso titulado "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico" en Cambados o 5 de maio, en Ponteareas o 7, en Lalín o 10, no Porriño o 12, en Vigo o 18 e en Pontevedra o 31. O curso "Redes sociais para a empresa: É Twitter a túa solución?" terá lugar en Cambados o 10 de maio, en Pontevedra o 13 e en Lalín o 23. O curso "Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas" desenvolverase en Ponteareas o 19 de maio, en Vigo o 27 e en Lalín o 30. O curso "Google Analytics: Iniciación á analítica web" impartirase  en Ponteareas o 11 de maio e en Pontevedra o 24. O curso "A túa páxina web con Wordpress"  farase en Vigo o 14 de maio, no Porriño o 20 e en Cambados o 21. O curso "Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais" impartirase en Vigo o 6 de maio e no Porriño o 31. O curso "Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais" realizarase  no Porriño o 9 de maio, en Cambados o 16 de maio e en Pontevedra o 26. O curso "Desenvolve a túa propia estratexia de E-mail marketing" será no Porriño o 3 de maio e en Ponteareas o 25. 
No centro de Pontevedra tamén terá lugar o curso "Facebook Ads" o 4 de maio e "Como crear unha APP e non morrer no intento" o 18 de maio. En Vigo tamén se oferta o curso "Comercializa os teus servizos a través das redes sociais" o día 11 de maio, "Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisións" o 23 e "Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas" o 27 de maio. No Porriño desenvólvese ademais o 26 de maio o curso "Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…." . En Lalín haberá ademais o curso "Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico" o 4 de maio, así como "Sácalle partido á túa conta de Gmail" o 19 de maio e "Mostrario virtual: a fotografía é o produto no medio en liña" o 25 de maio. En Ponteareas tamén se poderá realizar o curso "Fotografía con Smartphone: PIXLR para Android e IOS" o 13 de maio. En Cambados impartirase ademais "Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google" o 12 de maio e "Medios de pago: novas tecnoloxías aplicadas aos pagamentos" o 25.
As persoas interesadas nestas actividades de formación teñen toda a información na páxina web do CPAE, cpae20.depo.es ou no seu teléfono 886 202020.

29 de febrero de 2016

A DEPUTACIÓN OFRECE 30 OBRADOIROS A AUTÓNOMOS I EMPRESAS






A Deputación de Pontevedra, a través do  CPAE 2.0, a rede provincial de centros atendidos por técnicos especializados en Novas Tecnoloxías, organiza no mes de marzo 30 novos obradoiros dirixidos a autónomos e pemes. A interpretación de datos de Google Analytics, o funcionamento de LinkedIn, a inserción de publicidade en Facebook ou a elaboración de mostrarios virtuais son algúns dos temas que se abordarán nos seis centros cos que conta o CPAE 2.0, situados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.
Os obradoiros teñen unha duración media de dúas horas e son impartidos por profesionais de recoñecida experiencia. A inscrición pode facerse a través do teléfono 886 202 020 ou da web www.cpae20.depo.es. Neste sitio tamén atoparán información detallada do contido e o horario de cada un dos obradoiros.
O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) é unha rede de puntos comarcais que lles prestan servizos presenciais de información e asesoramento sobre as TIC a autónomos e micropemes, un colectivo que representa o 92 % do tecido empresarial da provincia.



8 de enero de 2016

OBRADOIROS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS PARA AUTÓNOMOS E PEMES






A Deputación organiza en xaneiro vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para autónomos e pemes

A Deputación de Pontevedra, a través do  CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e oferta unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear unha nova canle de venda en liña de produtos e servizos.

Para acadar os seus obxectivos o CPAE 2.0 ofértalles aos seus destinatarios, é dicir, a un colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92 % do tecido empresarial desta, unha serie de eventos informativos nos seus seis centros en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

En concreto, a Deputación organiza vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de xaneiro. Máis información en www.cpae20.depo.es





21 de diciembre de 2015

XORNADA INFORMATIVAS NOS CPAE´s DA PROVINCIA










A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, unha rede de centros atendidos por persoal técnico especializado en novas tecnoloxías, presta un servizo de información a persoal traballador autónomo e a pemes da provincia de Pontevedra, ofertando unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e os servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear unha nova canle de venda en liña de produtos e servizos.
Para acadar os seus obxectivos o CPAE 2.0 ofértalle a un colectivo integrado por 64.000 autónomas, autónomos e pemes da provincia de Pontevedra, que constitúe o 92 % do noso tecido empresarial, unha serie de eventos informativos nos seus seis centros de Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.
En Cambados inpartirase o curso Google Analytics: Interpretación de Datos e Toma de Decisións (22 de decembro, en Exposalnés), a cargo do enxeñeiro informático José Luis Taboada, no que se estudarán dimensións métricas e valores, vistas, obxectivos, conversións e referencia de tráfico de campañas.