Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta COMPETICIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMPETICIÓNS. Mostrar todas las entradas

12 de marzo de 2019

O CAMBADOS T.M. COMEZA HOXE A SÚA PARTICIPACIÓN NA COPA DO REY E NOS CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO


O equipo cambadés comeza hoxe a sua participación na Copa do Rey e no Campionato de España.
O Cambados TM Fundación Deporte Galego desprazábase no dia de onte a Guadalaxara para disputar o Campionato de España absoluto e a Copa do Rey. O equipo despraza aos xogadores Fernando Padin, Javier Soria e Jose Manuel Ruiz que disputarán desde o mércores ao venres o Campionato de España de individual e dobres e do sabado ao domingo a Copa do Rey.

O Cambados Tenis de Mesa coñece xa os seus rivais na Copa do Rey. A competición estará composta por catro grupos de catro equipos, onde os primeiros clasificados avanzarán directamente a semifinais. Pola súa banda, os equipos que queden en segunda posición loitarán polos postos 5-8, os terceiros clasificados pelexarán polas posicións 9-12, e os cuartos loitarán polos postos do 13-16. Real Cajasur Priego TM, AD Vincios, CTM Móstoles e Marpex Beraun Errentería compoñerán o grupo 1; Arteal TM, CTM San Sebastián de los Reyes, Quadis Centre Natació Mataró e Fundación Cajasol Hispalis B están situados no grupo 2; Borges Grup Vall, Universidade de Burgos TPF, Visit Pontevedra e AD Collado Mediano loitarán no grupo 3; Irún Leka Enea, Fundación Cajasol Hispalis, Cambados TM e Tranvía de Murcia TM completan o cadro masculino no grupo 4. Este ano o Campionato de España Absoluto estará composto polas probas individuais e dobres e, a novidade en 2019, dobres mixtos. Os cadros finais das probas de dobres e dobres mixtos xa foron sorteados. Non se sortearon os cadros finais das probas individuais. Estes sorteos realizaranse nas instalacións de xogo en Guadalaxara, avisando coa suficiente antelación do seu lugar e a súa data.

SORTEO PROVISIONAL Y HORARIOS DETALLADOS

NORMATIVA CAMPEONATOS DE ESPAÑA 2019

DISTRIBUCIÓN DE FECHAS





22 de mayo de 2017

EXCELENTES RESULTADOS COLLEITADOS POLO XIMNASIO VITAL-SPORT EN CASTELLÓN












Este fin de semana pasado celebrouse o a localidade da Val D´Uxó, en Castelló, o Campionato Nacional Olimpia 2017, no cal o equipo de competición Body Sport de Pontevedra, do que forman parte os competidores de Físicoculturismo e Fitness do Ximnasio Vital Sport de Cambados, desprazou a catro dos seus membros cuns excelentes resultados.

Na categoría Miss Bikini Fitness, a competidora Inés Rey do Ximnasio Vital Sport, alzouse co título de Sub Campioa Olimipia 2017 de AEFF en talla baixa.
Na categoría de Culturismo Master máis de 40 anos, o vilagarcián Luís Pardo Viqueira-Tulús, propietario dos ximnasios Arousa Pádel de Vilagarcía de Arousa e do Old School de Vilanova de Arousa, tamén subiu ao podio proclamándose Sub Campión Olimpia da súa categoría.

No caso de Carlos Remeseiro, competidor de Salceda de Caselas, que ocasionalmente adestra no Ximnasio Vital Sport, coroouse como novo Campión Nacional Olimpia 2017 na categoría de culturismo Men Body 1, talla alta, título que xa conseguira no ano 2014, e que repite este ano.
O competidor Laertes Pérez, que participaba na categoría Men Physique talla alta quedou ás portas de clasificar para a final do campionato, pero neste caso non puido ser.

Este próximo fin de semana, tanto Carlos Remeseiro como Luís Pardo-Tulús, formarán parte do equipo Nacional AEFF, que representará a España no Campionato do Mundo de NAC Internacional, que terá lugar tamén na Val D´Uxó, en Castellón.




















5 de abril de 2016

DOUS BRONCES NO CAMPEONATO “PROMESAS” DE COMBATE - TAEKWONDO 2016











O pasado sábado día 02, celebrouse no pavillón deportivo de O Gatañal, de Cangas de Morrazo, o campionato autonómico "Promesas" de Taekwondo, na modalidade de combate, ao que acudiron preto de 350 competidores de toda Galicia.
O Club Vital Sport Cambados e o seu asociado, o Club Gym Vital de Caldas de Reis, desprazaron a cinco competidores ata Cangas, obtendo uns bos resultados ao conseguir dous deles medalla de bronce, a primeira a cargo de Alba Oubiña Búa e a segunda, foi para Pablo García Padín, que fixeron un moi bo papel en todo o campionato.
Pola súa banda, os outros tres competidores, Jacobo Padín, Mario Branco e Jorge Leiro, competiron a un gran nivel, observando unha notable melloría con respecto a actuacións anteriores, aínda que, non chegaron a subirse a podio, pero quedando preto dos postos de cabeza. A súa adestradora, Noelia Gómez, destacou a melloría de todos eles nesta modalidade de competición, e mostrou unha gran satisfacción en canto ao rendemento de todos os competidores, informando tamén que seguirían intensificando os adestramentos para ir mellorando progresivamente o rendemento de todos os deportistas do Club, para futuras competicións.










8 de noviembre de 2015

XÓVENES CAMPIÓNS CAMBADESES









COPA XUNTA DE GALICIA DE TÉCNICA DE TAEKWONDO





Este sábado, o Club Vital Sport Cambados, desprazou ata a localidade de Vilalba (Lugo) a oito competidores que previamente se clasificaron na fase provincial "Copa Deputación", para disputar o campionato Autonómico da especialidade de Técnica de Taekwondo. 
Dirixidos pola adestradora Noelia Gómez, conseguiron un moi bo resultado ao conseguir dúas excelentes Medallas de Prata, unha a cargo de Ariana Mosteiro Vilas, en categoría Infantil A3, e a outra por parte de Mario Branco Falcón, en categoría Infantil D2, quedando o resto de competidores moi preto dos postos de podio. 
Estes resultados son moi satisfactorios, e máis tendo en conta que neste campionato Autonómico competiron 558 deportistas dun elevado nivel, polo que a adestradora, Noelia Gómez, que está a realizar un excelente traballo con nenos desde apenas tres anos, e ata idades adultas, e o resto da expedición, volveron con moi boas sensacións e moito ánimo para seguir mellorando día a día e conseguir co tempo resultados aínda mellores que os cultivados ata a data, os cales, desde o Club, que conta con pouco máis de dous anos de existencia, consideran ata o día de hoxe, excelentes.













4 de septiembre de 2015

1º TROFEO RIAS BAIXAS DE PIRAGUISMO







Vilanova de ArousaIlla de ArousaCambados e O Grove acollen ao 1º Trofeo Rías Baixas Diputación de Pontevedra.

As catro localidades arousanas organizan xunto coa Federación Galega de Piragüismo esta competición da puntuable para a Liga Galega que hoxe será presentada.

Un total de 180 padexeiros daranse cita o próximo domingo día 6 de setembro no 1º Trofeo Rías Baixas Diputación de Pontevedra, a competición pertence á Liga Galega e disputarase na modalidade de K4 e C4 en categoría absoluta. A proba terá presenza en catro localidades da Ría de Arousa, na organización desta colaboran o Club Náutico O Muiño, Club Illa de Arousa, Club PiragüismoCambados e o Club Breogán do Grove.

A saída para as embarcacións de K4 será ás 10:00 dende a localidade de Vilanova de Arousa na praia do Terrón, os participantes dirixiranse cara á Punta do Xemeliño na Illa de Arousa, alí terán que realizar un porteo duns 150 m pola praia e logo dirixirse cara ao porto de Cambados onde terán que ciabogar, para logo seguir cara ao porto do Grove, onde estará a liña de meta. As embarcacións C4 e K4 mulleres sairán dende a praia daIlla de Arousa ás 10:00, realizando o resto do percorrido igual que os K4 masculinos. A hora aproximada da chegada será sobre as 11:00 da mañá.

Este trofeo conta con premios económicos para os 20 primeirosclubs clasificados, así o primeiro club se levará 500 €, o segundo 450 €, o terceiro 350 €, do cuarto ao noveno 250 € e o resto levarase 100 €.





6 de julio de 2015

UNHA CAMBADESA COMPETIRÁ NO CAMPEONATO DE EUROPA








Con só 14 anos, a pontevedresa Alba Trigo segue demostrando por que é unha das grandes promesas da vela española. A moza, natural de Cambados, finalizou en terceira posición na categoría feminina do Campionato de España de Vela da clase Optimist que se disputou esta fin de semana na localidade cántabra de Laredo.
A actual campioa galega da súa clase -situada no segundo posto do ranking nacional- acompañou no podio desta esixente regata deportistas máis experimentadas como a mallorquina Aina Colom, que logrou a vitoria en augas cántabras, e a catalá Iset Segura. Ambas as dúas son a campioa do mundo e a subcampiona europea de clase Optimist, respectivamente.
Grazas a este resultado, Alba Trigo foi a única regatista galega seleccionada pola Federación Española para participar no próximo Campionato de Europa que se celebrará en Gales.
Asegura afrontar esta experiencia con moita ilusión e os nervios propios do momento, xa que só conta con sete días para preparar a viaxe. O seu barco viaxará directamente de Laredo ata Londres e ela voará o próximo domingo dende Barcelona para unirse aos seus compañeiros de selección antes de irse xuntos a terras galesas.
Alba, que pertence ao RCN Sanxenxo e dedica todas as súas fins de semana aos adestramentos, soña con facer un bo papel neste Europeo e poder optar a participar no Mundial da clase Optimist.
Para iso, Alba Trigo espera poder contar con axudas de máis patrocinadores e institucións porque, ata agora, os gastos destas viaxes os asume a súa propia familia.

1 de junio de 2015

DUAS NOVAS MEDALLAS PARA CAMBADOS






Alberto, Sebastián e Gaby
Este pasado sábado, tres competidores do Club Vital Sport Cambados, entre os que se encontra un competidor do seu club asociado, o Club Gym Vital de Caldas de Reis, desprazáronse ata a localidade de Villalba (Lugo), para participar na fase final do Campionato Escolar Galego, na modalidade de Combate de Taekwondo, os cales se clasificaran previamente na fase provincial celebrada o pasado mes marzo no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra. Nesta ocasión, os Teakwondistas Carlos Sebastián Medranda Piedra e Alberto Mosteiro Vilas, obtiveron un moi bo resultado ao conseguir ambos os dous Medalla de Bronce nas súas respectivas categorías, e no caso de Gabriel Oubiña Rey, nesta ocasión non chegou aos postos de medallas, pero fixo un moi bo Campionato.