Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CÁMARA DE COMERCIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CÁMARA DE COMERCIO. Mostrar todas las entradas

2 de marzo de 2018

ZONA CENTRO SORTEA 600 EUROS NA CAMPAÑA DO DÍA DO PAI












Cambados Zona Centro presentou hoxe a súa campaña do Día do Pai na que sorteará 600 euros en vales de compra entre os clientes. A campaña foi presentada polo presidente da asociación Juan Rey, e contou coa presencia do Concelleiro de Economía, Facenda e Promoción Económica, Xurxo Charlín. 
A campaña, que consiste no sorteo, entre quenes realicen as suas compras, nos establecementos asociados, ata o 19 de marzo sortea 6 vales de compra repartidos en 200, 100 e catro de 50 euros. Ademais sortearase unha estancia de dúas noites con entrada ao parque de Cabárceno en Cantabria.
Para participar, os clientes tan só deberán cubrir co seu nome e teléfono de contacto os boletos de participación que lles serán entregados ó realizar as súas compras.



7 de mayo de 2016

O CAMBADÉS EMILIO CORES SERÁ O SECRETARIO DA CÁMARA DE COMERCIO FUSIONADA







Tras resolver a reclamación polas vocalías de Pontevedra, A dirección xeral de Comercio da Xunta de Galicia fixou para o vindeiro luns ás 12.30 horas o pleno de constitución da nova Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, que comezaron hai un ano o proceso de fusión. Esto prodúcese tras resolver a reclamación polas vocalías de Pontevedra

Esta sesión plenaria constitutiva celebrarase na sede principal de Vigo e, en calidade de secretario xeral, intervirá o cambadés Emilio Cores Arenaz, da corporación vilagarciá, por ser o funcionario de maior antigüidade das entidades fusionadas.










19 de abril de 2016

CURSOS PARA O SECTOR DO MAR







CURSOS PARA O SECTOR DO MAR

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía informa dos seguintes cursos dirixidos ao sector do mar:
     * Curso básico de prevención de riscos laborais no sector do marisqueo a pe
     * Internet como ferramenta de traballo no sector pesqueiro
     * Boas prácticas e manipulación de productos pesqueiros frescos
     * Internet como ferramenta de traballo no sector pesqueiro
     * Boas prácticas e manipulación de productos pesqueiros frescos
     * Xestión comercial de productos do mar
     * Habilidades sociais para o sector do marisqueo a pe
     * Iniciación ao turismo mariñeiro
Para máis información sobre os cursos, consultar o arquivo adxunto, a web www.camarapvv.com ou chamar aos teléfonos 986 565 286 / 986 446 297