Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta Aquafit. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aquafit. Mostrar todas las entradas

4 de enero de 2018

CAMBADOS RECOLLEU MÁIS DE 2600 QG DE ALIMENTOS E MÁIS DUN CENTO DE XOGUETES POLO NADAL









O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade de Cambados, Tino Cordal, amosa a súa satisfacción polo éxito da campaña de Nadal que serviu para recoller alimentos non perecedoiros, típicos do Nadal, produtos de hixiene corporal e xoguetes novos ou en bo estado de uso.

Esta campaña do Nadal realizouse grazas á colaboración da Agrupación de Protección Civil de Cambados, a Asociación de Comerciantes Zona Centro, o Club Atletismo de Cambados, o Club Xuventude de Baloncesto, a empresa Aquafit, que xestiona a piscina municipal, e todas as ANPAS dos colexios e institutos do noso municipio: Os Caeiros, Os Olmos, Santa Mariña Dozo, Arco de Fefiñáns, Con de Sete Pías, O Estanque, O Castro e A Pastora.

Nos colexios e institutos de Cambados as ANPAS recolleron ao longo de cinco días (do luns 11 ata o venres 15 de decembro) arredor de 500 quilogramos de alimentos non perecedeiros e típicos do Nadal, ademais de produtos de hixiene corporal. Este material foi recollido, ordenado e almacenado polo persoal dos Servizos Sociais do Concello de Cambados, quen procedeu ao seu posterior reparto entre as familias necesitadas os días 20, 21 e 22 de decembro.

En varios supermercados da nosa localidade tamén se recolleron alimentos non perecedeiros , típicos do Nadal e produtos de hixiene corporal. Foi a Agrupación de Protección Civil de Cambados quen se encargou de recollelos e entregarllos posteriormente aos Servizos Sociais do Concello. Neste caso, acadouse unha gran cantidade de alimentos, superando os 1500 kilogramos.

A empresa Aquafit, que xestiona a piscina municipal, recolleu no seu maratón navideño solidario de actividades, realizado o 29 de decembro, máis de cen quilogramos de bebidas non perecedeira (augas, zumes, etc.) e produtos de hixiene persoal (xabón, xel, xampú, etc.), que foron igualmente doados aos Servizos Sociais do Concello de Cambados, quen se encarga de distribuílos entre as familias necesitadas da nosa localidade.  

Na IV Carreira San Silvestre Solidaria de Cambados do 31 de decembro, o Club Atletismo de Cambado recolleu uns 500 kilogramos de alimentos non perecedeiros, aproximadamente, e varias ducias de xoguetes. Tamén se recolleron varias ducias de xoguetes no partido do Club Xuventude de Baloncesto celebrado no pavillón do Pombal o pasado 29 de decembro.
A recollida de xoguetes efectuada nas dependencias de Zona Centro e dos propios Servizos Sociais do Concello situadas no edificio de oficinas e servizos municipais da rúa Ourense foi algo máis abundante, pois neste caso superouse o centenar de xoguetes. Os xoguetes novos ou en bo estado de uso estanse a entregar ás familias necesitadas de Cambados nestes días previos á chegada dos Reis Magos. Segundo Cordal, “tratamos de evitar que ningún neno ou nena de Cambados quede sen xoguetes, independentemente da precariedade da situación económica da súa familia”.

O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade de Cambados, Tino Cordal, agradécelle a todas as ANPAS, á Agrupación de Protección Civil de Cambados, á Asociación de Comerciantes Zona Centro, ao Club Atletismo de Cambados, ao Club Xuventude de Baloncesto e a empresa Aquafit a súa colaboración con esta campaña.
Cordal considera ademais que “entre os obxectivos desta campaña do Nadal tamén estaba transmitir á poboación cambadesa valores como a solidariedade entre veciños, sobre todo nos casos en que existen necesidades evidentes”. “Ser bo cidadán implica ser solidario e axudar aos teus veciños cando o precisan, e non só durante as festas do Nadal”.
Logo desta campaña solidaria do Nadal o Banco de Alimentos do Servizos Sociais de Cambados está practicamente cheo, tendo existencias para repartir entre as familias máis necesitadas do noso Concello durante varios meses. En definitiva, todo un éxito. 





27 de diciembre de 2017

VENRES DE DEPORTE SOLIDARIO CON RECOLLIDA DE BEBIDAS E XOGUETES NO POMBAL









Este venres 29 de decembro será unha data chea de solidariedade no complexo polideportivo do Pombal grazas á boa disposición e xenerosidade da empresa Aquafit e do Club Xuventude de Baloncesto.
A empresa adxudicataria da piscina municipal realizará, ao igual co ano pasado por estas datas, un maratón navideño solidario de actividades. Comezará ás 16:15 horas coas seguintes actividades para nenas e nenos: Heroican Kids (16:15) e Zumba Kids (17:00).
Seguirá logo coas actividades para adultos (usuarios a partir de 14 anos): Ritmos Latinos (Merengue, Bachata, Roda Cubana, etc.), ás 17:45; Zumba, ás 18:45; Body Tono, ás 19:45; Aquagym (Piscina), ás 20:45; e, Ciclo, ás 21:30 horas.
Para participar neste maratón navideño solidario de actividades só é preciso apuntarse e levar algunha bebida non perecedeira (augas, zumes, etc.) ou algún produto de hixiene persoal (xabón, xel, xampú, etc.) que serán doados aos Servizos Sociais do Concello de Cambados, quen se encargará de distribuílos entre as familias necesitadas da nosa localidade.  
Por outra banda, a partir das 20 horas deste mesmo venres 29 de decembro, durante o partido do Club Xuventude de Baloncesto no Pavillón do Pombal, recolleranse xoguetes novos ou en bo estado para as nenas e os nenos das familias necesitadas de Cambados. Serán os Servizos Sociais do Concello os que se encarguen de repartilos durante os vindeiros días, antes da festividade dos Reis Magos.
Dende a Concellería de Servizos Sociais queremos expresar o noso sincero agradecemento tanto á empresa Aquafit, adxudicataria da piscina municipal, como ao Club Xuventude Baloncesto por estas iniciativas solidarias que serán, sen dúbida, moi ben recibidas polas familias necesitadas de Cambados.