Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ALEMAÑA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALEMAÑA. Mostrar todas las entradas

21 de septiembre de 2018

A FESTA DE ALBARIÑO DE CUXHAVEN MOSTRA DO PAPEL FUNDAMENTAL QUE XOGAN OS GALEGOS DO EXTERIOR



A primeira Festa do Albariño de Cuxhaven é un exemplo claro do papel fundamental que desenrolan os galegos do exterior na proxección de Galicia fóra das súas fronteiras. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirandar foi o encargado de inaugurar o evento gastronómico, no que participan máis de trinta adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas e que está a celebrarse no Kugelbake-Halle.
O acto, que contou coa presenza de diversas autoridades xermanas, como o alcalde da cidade acolledora, Herbert Kihm, congregou na súa primeira edición centos de persoas, procedentes tanto de Cuxhaven como doutras localidades alemás próximas, como Hamburgo ou Bremen. Ademais do titular do departamento do Goberno galego, desde a comunidade desprazáronse ata
Alemaña varios representantes da comarca do Salnés, de onde procede a meirande parte do emigrantes galegos que residen nesta zona do país teutón. O presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, e os rexedores de Cambados, Fátima Abal Roma; A Illa de Arousa, Carlos Iglesias Cores; así como o concelleiro de Enoturismo de Cambados, Jose Ramón Abal Varela; e a concelleira de Servizos Sociais e Educación da Illa de Arousa, Dolores Folgar Vilas, foron, así, testemuñas da posta en marcha desta cita, que pretende impulsar e difundir esta variedade de viño galego no corazón de Europa.
A primeira Festa do Albariño distribuirá ao longo do día preto de mil botellas da Denominación de Orixe Rías Baixas procedentes tanto da zona do Salnés como da do Rosal, e complementará a súa faceta enolóxica coa promocional a través de catas cegas de viño abertas ao público, a presentación do destino O Salnés e do Camino de Santiago, a actuación de diversos grupos tradicionales e outras actividades como charlas sobre o viño, catas de degustación nos stands e, xa á noite, o concerto que ofrecerá un grupo musical de Galicia encargado de amenizar a celebración.



28 de agosto de 2018

QUERES IR A FESTA DO ALBARIÑO DE CUXHAVEN (ALEMAÑA)?



A Mancomunidade do Salnés promove unha viaxe a Alemaña con motivo da I Festa do Albariño en Cuxhaven do 19 ao 23 de setembro

Lembra reservar a túa praza antes do 31 de agosto!

A I Festa do Albariño que se celebrará en Alemaña terá lugar en Cuxhaven, cidade hermanada coa localidade arousá de Vilanova por lazos migratorios.

A cita está programada para o próximo 22 de setembro, promovida pola Mancomunidade do Salnés e o Centro Galego naquela cidade alemá.

Para animar a participación, a entidade comarcal organiza unha viaxe para que se sumen a bo prezo todos os interesados en asistir ao evento. Igualmente, fixéronse extensiva a invitación ás adegas de Rías Baixas, que terán así a oportunidade de mostrar os seus viños nunha feira en Alemaña, un dos grandes mercados de interese para as exportacións.
Información no cartaz e info@osalnes.com


27 de junio de 2017

ALEMAÑA TERÁ O VINDEIRO ANO A SÚA FESTA DO ALBARIÑO












O Concello de Cambados, coa colaboración da Mancomunidade do Salnés, levará o próximo ano a Alemaña a Festa do Albariño, a petición dos colectivos de emigrantes que viven naquel país.

O concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, explicou que durante así llo solicitaron durante unha visita a semana pasada a Kiel e Cuxavhen para promocionar a capitalidade de Cambados como Cidade Europea do Viño.

Unha iniciativa que podería contribuír ao reto da declaración de festa de interese turístico internacional que se marcou o Concello de Cambados para o ano que vén.

O presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, explicou que a réplica da Festa do Albariño en Alemaña non só serviría para promocionar os viños e as adegas de Rías Baixas, senón tamén todos os recursos turísticos do Salnés.

Abal e Durán anunciaron que se retomarán as relacións cos seis concellos de Francia que están hermanados con Cambados e que se reforzará a promoción turística da comarca no Reino Unido.