Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta 1º de MAIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º de MAIO. Mostrar todas las entradas

30 de abril de 2019

FESTA DOS MAIOS, REGATA DE KAYAK DE MAR E FESTA DA BICICLETA

FESTA DOS MAIOS (1 de maio)


11:30.- Xuntanza dos participantes na Praza do Concello.


12:00.- Saída cara ó Parque Torrado para a actuación folclórico-musical.


Participarán:


– Xironsa


– Volandeira


– Con de Xido


– O Plantel de Vilariño


– Colexio de Corvillón


– Colexio da Pastora


 


FESTA DA BICICLETA (5 de maio)


O vindeiro domingo, 5 de maio, celebrarase en Cambados a XXVII FESTA DA BICICLETA.  A partires das 11 da mañá, a marcha cicloturista sairá da Praza de Fefiñáns e percorrerá un circuito lixeiramente modificado de arredor de 9 km (será o mesmo que o da edición anterior).


Ó remate, haberá avituallamiento líquido para tódolos participantes, sortearanse 6 bicicletas e obsequiarase con cadansúa placa conmemorativa á bici máis orixinal, á familia máis numerosa, ó participante de menor idade e ó de maior idade.


 


REGATA CONCELLO DE CAMBADOS DA LIGA GALEGA DE KAIAK DE MAR 2019


Data: 1 de maio de 2019
Hora: 11:30 horas
Lugar: peirao de San Tomé




28 de abril de 2017

FESTA DOS MAIOS EN CAMBADOS









Este vindeiro luns 1 de maio  ás 17:30 no Pazo de Torrado celébrase a Festa dos Maios, na que actuarán asociacións e grupos musicais cambadeses. Para poder participar ou obter información, deberán dirixirse á biblioteca municipal Luís Rei. (en caso de choiva, farase no salón de congresos e exposicións José Peña)









30 de abril de 2016

MANIFESTACIÓN DA CIG NA COMARCA DE AROUSA EN VILAGARCÍA









Domingo, 1º de maio, o sindicalismo nacionalista convoca manifestacións baixo o lema “Reformas laborais e Lei Mordaza. Anulación Xa” . Desde o BNG apoiamos estas mobilizacións para denunciar a situación de pobreza que padece a clase traballadora e a precariedade laboral. 

Na nosa comarca a manifestación sairá ás 12 h. da Casa do Mar de Vilagarcía de Arousa.




30 de abril de 2014

MANIFESTACIONS CONXUNTAS DE U.G.T. E CC.OO. O 1º DE MAIO







Este Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, vén marcado polas políticas de austeridade que impuxo de forma autoritaria a troica —Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional— e que só provocan paro, desigualdade, pobreza e recorte de dereitos sociais e laborais, amais da deterioración do sistema de protección social. A crecente inxustiza na distribución da riqueza e a progresiva perda de dereitos a escala global confirman a necesidade de abandonar o neoliberalismo salvaxe —que se está mostrando incompatible coa democracia— e substituílo por un novo modelo económico ao servizo das persoas.
CCOO e UGT reivindican outra política europea, un novo rumbo para os traballadores e traballadoras europeos; unha política que garanta unha saída da crise. Defendemos un crecemento alicerzado nun modelo produtivo máis eficiente e sostible, que impulse a creación de emprego de calidade garantindo, en primeiro lugar, o financiamento da economía real.

MANIFESTACIÓNS (lugares e horas de saída)

A Coruña
praza da Palloza ás 12:00


Ferrol
praza do Inferniño ás 12:00
Santiago de Compostela
Alameda ás 12:00
Lugo
sede sindical (rolda da Muralla) ás 12:30
Viveiro
casa sindical ás 12:30
Ourense
pavillón dos Remedios ás 11:30
Vilagarcía de Arousa
praza de Ravella ás 12:00
Pontevedra
praza da Peregrina ás 12:00
Vigo
cruzamento Vía Norte/Urzáiz ás 11:30







MANIFESTACIÓNS DA C.I.G. POLO 1º DE MAIO





Doce manifestacións percorrerán, neste Primeiro de Maio, cidades e vilas de Galiza baixo o lema “Contra a explotación e a pobreza. Fagámoslle fronte á Unión Europea. Organización, loita e soberanía”.  Con elas a CIG quere denunciar a situación de pobreza, precariedade e desemprego que afecta a miles de galegas e galegos. Unha situación que está a provocar a masiva emigración da nosa mocidade e que empeora por mor das políticas promovidas pola UE e aplicadas pola Xunta de Galiza e o Goberno español. Por iso fai un chamamento a organizarse contra o sistema capitalista e reclamar outro modelo máis xusto, solidario e democrático. 

Manifestacións convocadas
Vigo: Ás 11,30h. na Doblada
A Coruña: Ás 12,00h na Praza de Vigo
Pontevedra: Ás 12,00h. Praza da Ferrería
Vilagarcía: Ás 12,00h. na Casa do Mar
A Estrada: Ás 12,00h. na Praza do Mercado
Ferrol: Ás 11,30h. Av. de Esteiro (local CIG)
Compostela: 12,30h. na Praza Roxa
Ribeira: Ás 12,00h. na Praza do Peixe
Lugo: Ás 12,00h. Ronda da Muralla (Edificio Sindical)
Ourense: Ás 12,00h. Pavillón dos Remedios
Cervo: Ás 12,30h diante da fábrica de Sargadelos
Cangas: As 19h. Praza do Concello


MANIFESTACIÓN DA C.N.T. DO 1º DE MAIO





O 1 de Maio, ás 11:00, sairá dende a casa do Mar en Vilagarcía de Arousa a manifestación da CNT.

Nesta data tan importante para a clase obreira animanos a participar na única manifestación en Vilagarcía que non contará ca presencia de liberados sindicais nin organizacións subvencionadas.

Tras a manifestación farase un xantar colectivo na sede da CNT ao que podes vir e participar traendo ou compartindo comida.

Hoxe máis que nunca: Unión, Acción e Autoxestión!.