Ao fío das doce e cuarto, unha muller resultou ferida tras ser atropelada polo seu propio coche e quedar atrapada debaixo do vehículo.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Vilagarcía, que fixeron uso de material de excarceración para liberar á muller e, posteriormente, a ferida foi trasladada nunha ambulancia a un centro hospitalario.
O accidente tivo lugar na parroquia de Ousensa, na estrada que une Caleiro e András.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, a partir de aí ata o lugar acudiron, tras ser alertados polo persoal do CIAE 112 Galicia, os axentes da Policía Local, os Bombeiros de Vilagarcía, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.