Falece un home diagnosticado con Covid-19 e as mortes en Galicia soben a 2.420 As autoridades sanitarias notificaron este martes o falecemento dunha persoa diagnosticada con coronavirus en Galicia. O total de vítimas na comunidade ascende a 2.420 desde o inicio da pandemia. A Consellería de Sanidade comunicou hoxe o deceso dun home de 74 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP). As autoridades sanitarias concretan que tiña patoloxías previas e que o falecemento se produciu onte, 31 de maio. É a vítima 180 da área Pontevedra-Salnés.
Galicia ten actualmente 2.208 casos activos de coronavirus. A situación mellora a medida que descenden os contaxios, e esta situación é xeneralizada en todas as áreas sanitarias excepto en Ferrol e Lugo, que suman casos activos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.