Coronavirus Pontevedra-Salnés: 6 contaxios novos e mantéñense en 193 os casos activosA situación na área sanitaria pontevedresa mantense igual que onte e segue mellor que a semana pasada. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense igual que onte ao sumar os mesmos contaxios que altas, e segue nunha boa situación en comparación coa semana pasada. Nas últimas 24 horas producíronse 6 contaxios novos e 6 altas, o que fai que se manteñan os casos activos en 193 persoas. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días en municipios do Salnés:
Cambados 3 22
Illa de Arousa 3 61
Meaño 3 57
Meis 3 63
O Grove 0 0
Ribadumia 3 59
Sanxenxo 3 17
Vilagarcía de Arousa 18 48
Vilanova de Arousa 3 29
Continúa baixando a incidencia en Pontevedra e mantense á baixa en todo a área sanitaria, menos Soutomaior, onde segue relativamente alta. Cambados baixa a 6 enfermos activos tras tres días sen sufrir alteracións.
O número de pacientes hospitalizados mantense en 15 persoas, distribuídas en 13 pacientes no CHU de Pontevedra (12 en planta e 1 na UCI), 2 no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.333 casos de coronavirus, con 181 falecementos, 13.959 altas e 193 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.