Coronavirus Pontevedra-Salnés: 35 novos infectados e soben a 207 os casos activosA área sanitaria pontevedresa continúa sumando casos activos, algúns relacionados coas viaxes a Mallorca. A área sanitaria pontevedresa termina a semana con case o dobre de casos activos de coronavirus que o domingo pasado debido ao aumento de contaxios, moitos deles relacionados coas viaxes a Mallorca. Pontevedra e sobre todo Poio están agora entre os municipios galegos con maior incidencia. Cambados sobe de 7 a 12 nun sábado marcado pola retirada parcial das máscaras. E pasa a ser o concello con peor incidencia da comarca. Nas últimas 24 horas producíronse 35 contaxios novos e 4 altas, o que fai que suban en 31 persoas os casos activos, pasando de 176 a 207. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 11 80 Illa de Arousa 3 61 Meaño 3 57 Meis 3 63 O Grove 0 0 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 12 69 Vilagarcía de Arousa 24 64 Vilanova de Arousa 3 29 Sobe a incidencia en Pontevedra cidade, Cambados de entre 1 e 3 pasa a 11 e Poio. Pontevedra xa é a segunda urbe máis afectada de Galicia. O número de pacientes hospitalizados sobe de 7 a 8 persoas, distribuídas en 6 pacientes no CHU de Pontevedra (4 en planta e 2 na UCI), 2 en planta no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.577 casos de coronavirus, con 181 falecementos, 14.189 altas e 207 casos activos nestes momentos.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.

27 de junio de 2021
PONTEVEDRA-SALNÉS: CAMBADOS EMPEORA PERIGOSAMENTE
Coronavirus Pontevedra-Salnés: 35 novos infectados e soben a 207 os casos activosA área sanitaria pontevedresa continúa sumando casos activos, algúns relacionados coas viaxes a Mallorca. A área sanitaria pontevedresa termina a semana con case o dobre de casos activos de coronavirus que o domingo pasado debido ao aumento de contaxios, moitos deles relacionados coas viaxes a Mallorca. Pontevedra e sobre todo Poio están agora entre os municipios galegos con maior incidencia. Cambados sobe de 7 a 12 nun sábado marcado pola retirada parcial das máscaras. E pasa a ser o concello con peor incidencia da comarca. Nas últimas 24 horas producíronse 35 contaxios novos e 4 altas, o que fai que suban en 31 persoas os casos activos, pasando de 176 a 207. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 11 80 Illa de Arousa 3 61 Meaño 3 57 Meis 3 63 O Grove 0 0 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 12 69 Vilagarcía de Arousa 24 64 Vilanova de Arousa 3 29 Sobe a incidencia en Pontevedra cidade, Cambados de entre 1 e 3 pasa a 11 e Poio. Pontevedra xa é a segunda urbe máis afectada de Galicia. O número de pacientes hospitalizados sobe de 7 a 8 persoas, distribuídas en 6 pacientes no CHU de Pontevedra (4 en planta e 2 na UCI), 2 en planta no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.577 casos de coronavirus, con 181 falecementos, 14.189 altas e 207 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.