O Concello de Cambados ven de aprobar un regulamento específico para a organización de torneos ou eventos deportivos federados nas instalacións deportivas municipais.
En primeiro lugar, a condición indispensable para poder celebrar calquera evento deportivo é que o municipio, na súa totalidade, se encontre no nivel de restriccións media ou media baixa durante as datas correspondentes.
Por tal motivo, segundo explica a Concelleira de Deportes, Cruz Leiro, en función das restriccións marcadas pola Xunta de Galicia e publicadas no DOG, “independientemente de que o evento se teña autorizado con anterioridade, o Concello poderá suspender a celebración da competición deportiva”,
Polo demáis, calquera entidade que desexe solicitar unha instalación deportiva municipal para a realización de torneos ou eventos deportivos deberá, en primeiro lugar, realizar a reserva correspondente, o que implicará “o uso exclusivo da instalación” pola entidade deportiva ou Federación para a que foi emitida e cumprir os horarios recollidos na mesma.
Asimesmo, os interesados terán que entregar unha relación dos xogadores, na que debe figurar o nome, apelidos, D.N.I. e teléfono, así como presentar unha certificación federativa onde conste que os xogadores están federados.
Igualmente, xunto coa
solicitude, deben adxuntar unha memoria descritiva da actividade a desenvolver.
As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello de Cambados.
En canto ás medidas
anticovid, axustaranse aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego
aprobados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.