Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de junio de 2021

CONCERTOS ALBARIÑO 2021


Os concertos da Festa do Albariño deste ano serán “de transición” entre o 2020 marcado pola pandemia sin festa e o 2022 no que se conmemorará o 70 aniversario da Festa e que o Concello de Cambados agarda celebrar como a efeméride o merece.

Segundo o Concelleiro de Cultura, Tino Cordal, a situación todavía obriga a concertos con aforos limitados, con capacidade para un máximo de 1.000 persoas.

Ademáis, pese a ser gratuitos, para levar un rexistro dos asistentes é necesaria unha reserva previa de entrada que se poderá realizar ben físicamente no Pazo Torrado a partir do 7 de xullo ou senon a través da web municipal.

Os concertos, que se celebrarán na Praza de Fefiñáns, adiantaranse todos ás 20.30 horas para non perxudicar á hostelería que tan mal o pasou durante os momentos máis críticos da pandemia.

Asimesmo, con algunhas das actuacións o Concello quere facer un "guiño" aos máis xóvenes  “que leva un ano e medio sen poder sair e gozar da música en directo”

En total, haberá máis días de concertos porque a maiores dos cinco días propios do Albariño, do 23 ao 25 de xullo celebrarase un Festival enmarcado no programa do Xacobeo baixo o nome de “Albariño no Camiño”.

CARTEL

-Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. 28 de xullo. Na praza de Fefiñáns. 20.30 horas.

-Angel Stanich. 29 de xullo. Na praza de Fefiñáns. 20.30 horas.


-Ptazeta. 30 de xullo. Na praza de Fefiñáns. 20.30 horas.

-Novidades Carminha. 31 de xullo. Na praza de Fefiñáns. 20.30 horas.

-A Ocaband. 6 de agosto. Na praza de Fefiñáns. 20.30 horas.


-Mad Martin Trío. 7 de agosto. No parque Torrado. 20.30 horas.

-Banda de música de Castrelo. 8 de agosto. Na praza de Fefiñáns. 20.30 horas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.