Coronavirus Galicia: 408 contaxios novos e soben a 5.641 os casos activos
Segue habendo máis contaxios que a semana pasada e volven subir os casos activos.
Novo día de malas noticias para Galicia, que rexistra máis contaxios que o venres da semana pasada, e un novo incremento de casos activos, despois de que onte baixasen e os tres primeiros días da semana aumentasen. Hoxe só melloran Vigo, A Coruña e Lugo, e o resto de áreas sanitarias empeoran.
Hoxe venres son 50 diagnósticos máis que fai sete días, procedendo de máis probas. Os 408 casos novos de hoxe son o 4,86% de diagnósticos positivos de 8.386 probas PCR, mentres que os 358 do venres pasado eran o 4,79% de positivos de 7.471 tests.
Na web de datos do Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 367 casos de COVID-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (58.346) e o de onte (57.938) é de 408 persoas. Do mesmo xeito, os novos contaxios que indicamos por área sanitaria calcúlanse co mesmo procedemento.
Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 408 novos casos de SARS- CoV-2, 5 falecementos e 380 altas, o que fai que suban en 23 persoas os casos de coronavirus, pasando dos 5.618 de onte aos 5.641 de hoxe.
O total de hospitalizados aumenta en 12 persoas, de 352 a 364 pacientes. O pasado venres eran 360 hospitalizados, 4 menos que hoxe. O total de casos de coronavirus contabilizados polo Sergas desde o inicio da pandemia é de 58.346.
Pontevedra e Santiago empeoran notablemente
Coronavirus A Coruña: 44 contaxios novos e baixan a 861 os casos activos
Coronavirus Ferrol: 29 contaxios novos e soben a 556 os casos activos
Coronavirus Santiago: 105 contaxios novos e soben a 1.144 os casos activos
Coronavirus Vigo: 95 contaxios novos e baixan a 1.302 os casos activos
Coronavirus Pontevedra: 72 contaxios novos e soben a 897 os casos activos
Coronavirus Lugo: 12 contaxios novos e baixan a 401 os casos activos
Coronavirus Ourense: 51 contaxios novos e soben a 480 os casos activos
Só tres área sanitarias melloran, e o resto empeoran. A máis afectada continúa sendo Vigo con 1.302 casos (-6), seguida de Santiago de Compostela con 1.144 (+44), Pontevedra con 897 (+32), A Coruña con 861 (-38), Ferrol con 556 (+1), Ourense con 480 (+22) e Lugo con 401 (-32).
Novos contaxios por área sanitaria
A Coruña: 44
Ferrol: 29
Lugo: 12
Ourense: 51
Pontevedra: 72
Santiago: 105
Vigo: 95
Total: 408
O total de falecementos desde o inicio da pandemia alcanza as 1.332 persoas, 5 máis nas últimas 24 horas, e son xa 713 nesta segunda onda, superando os 619 da primeira. O total de hospitalizados é de 364 (+12), divididos en 55 (+5) na UCI e 309 (+7) en unidades de hospitalización. O total de probas PCR realizadas é de 1.025.225, delas 8.386 nas últimas 24 horas, cun 4,86% de positivos.
O total de falecementos desde o inicio da pandemia alcanza as 1.332 persoas, 5 máis nas últimas 24 horas, e son xa 713 nesta segunda onda, superando os 619 da primeira. O total de hospitalizados é de 364 (+12), divididos en 55 (+5) na UCI e 309 (+7) en unidades de hospitalización. O total de probas PCR realizadas é de 1.025.225, delas 8.386 nas últimas 24 horas, cun 4,86% de positivos.
Esta semana continúa avanzando con peores rexistros que a anterior. Sumando os cinco primeiros días producíronse 1.885 novos contagios, en comparación cos 1.523 da semana pasada a estas alturas. Son 362 contaxios máis de luns a venres.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.