Coronavirus Pontevedra: 52 contaxios novos e baixan a 848 os casos activosA área sanitaria Pontevedresa mellora lixeiramente pero segue rexistrando un alto número de contaxios. Mellora lixeiramente a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés grazas a un número de altas superior ao de novos contaxios, pero estes últimos seguen manténdose altos, e de feito os 52 de hoxe luns son bastante superiores aos 33 do luns da semana pasada. O motivo é, ademais da problemática situación de Illa de Arousa, o crecemento dos casos en Pontevedra cidade, O Grove e Bueu. Nas últimas 24 horas producíronse 52 contaxios novos e 55 altas, o que fai que baixen en 3 os casos activos, pasando de 851 a 848. Continúa aumentando a incidencia dalgúns municipios de Pontevedra, como A Illa de Arousa, que rexistrou 32 casos nos últimos días e xa está en 650. O Grove segue aumentando a pesar de que segue confinado perimetralmente e xa está en 460. A cidade de Pontevedra tamén sobe ata 219, así como as súas veciñas Marín e Poio. Cambados sube un e chega a 38 casos activos.
O número de pacientes hospitalizados sobe de 46 a 50 persoas, distribuídos en 41 pacientes no CHU de Pontevedra (33 en planta e 8 na UCI), 7 no Hospital Público do Salnés e 2 no Quirónsalud de Pontevedra.
Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde o inicio da pandemia tivo 6.092 casos de coronavirus, con 70 falecementos, 5.174 altas e 848 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.