Coronavirus: A Xunta decidirá o venres se levanta certas restricións en Galicia O venres reúnese o Comité Clínico e o presidente da Xunta móstrase "esperanzado" en poder aliviar restricións na hostalería de certos puntos da comunidade galega como por exemplo en Cambados. Levantarase algún peche perimetral?
Aliviaranse as restricións na hostalería?
Haberá que esperar ata o venres, cando se reúne o Comité Clínico, para coñecer as novidades respecto a as medidas restritivas vixentes en Galicia. A día de hoxe, aínda hai moitos municipios- entre eles todas as grandes cidades, excepto Santiago e Ourense- que permanecen pechados perimetralmente. Tamén a hostalería segue clausurada nalgúns territorios e noutros está a funcionar a medio gas. "A incidencia en 14 e 7 días de momento segue baixando e, por tanto, estamos esperanzados en que podamos abrir a hostalería naquelas zonas con restricións máis severas e mesmo naquelas que xa está aberta, poder ampliar o horario de aperturas noutras", respondeu o presidente da Xunta a preguntas dos xornalistas durante a rolda de prensa posterior ao Consello de la Xunta. A pesar de mostrarse esperanzado, Feijóo lembrou que o levantamento de certas restricións dependerá de se se cumpren os diferentes índices que manexa o Comité Clínico para un posible relajamiento das medidas actuais. Fátima Abal, alcaldesa de Cambados, lanzaba ola súa banda, unha mensaxe clara, "Estamos nunha situación moito mellor que cando iniciamos as restricións a principio de novembro"
Cambados ten 36 casos activos a día de hoxe cunha incidencia acumulada de 189 a 14 dias en una de 109 a 7 días. A evolución foi evidentemente favorable descendendo dos 80 casos que chegou a haber. Os datos desta semana non son realmente todo fiables posto que hai que ter en conta que onte foi día festivo en o se fixeran PCR´s nos Centros de Saúde.
Este venres se reúne o subcomité clínico e o comité clínico reúnese o martes e volverá a reunión cos concellos que permanecen con en restricións por comarcas.
De seguir nesos datos e seguir baixando a incidencia acumulada e poderíase abrir a hostelería ata as once da noite co 40 por cento de aforo dentro das cafeterías e dos locais de restauración e saber si Cambados continúa pechado perimetralmente dado que pasaríamos deste nivel ao nivel medio. Todo de vai a depender do que considere o subcomité clínico este venres é o que considere o comité clínico o martes pero dada a previsión e si seguimos baixando haberá algo de alivio nestas restricións.
Recalcaba a alcaldesa a importancia de seguir cumprindo cos normas de hixiene e seguridade para evitar novos contaxios.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.