Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de diciembre de 2020

CAMBADOS SIGUE IGUAL, VILANOVA BAIXA E VILAGARCÍA CON VIXIANCIA ESPECIAL


A pesares da melloría que experimentou Cambados nas últimas semanas a consellería de Sanidade non tivo a ben rebaixar o nivel de restricións que padece a vila e terá que agardar ata martes unha posible rebaixa.
Vilanova por cantidade de casos pasa a nivel básico de alerta e Vilagarcía contará con vixiancia especial debido aumento de casos nos últimos días. 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou esta mañá en rolda de prensa a diminución das restricións nos concellos de Silleda, Ribadavia, A Laracha, Malpica, Cabana de Bergantiños, Vilanova de Arousa e Xinzo da Limia, que desde esta medianoite pasarán a formar parte dos concellos galegos con restrición básicas, e co que se suprimirá a limitación de mobilidade que até o de agora rexía nestes municipios.

Así mesmo, os concellos de Sarreaus, A Rúa, Camariñas, Zas, Tomiño e O Rosal incorpóranse á listaxe de concellos con nivel medio-alto de restricións. No casos de Camariñas e Zas, estes incorporaranse ao Concello de Vimianzo, consolidando un perímetrode tres unidades. O mesmo acontecerá coas localidades de Tomiño e O Rosal, que formarán unha améndoa con A Guarda.

Trala reunión do subcomité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia, o titular de Sanidade tamén informou do cambio de nivel que se producirá nos concellos de Lugo, Pontevedra, Marín, Poio, Narón e O Porriño.

Neste sentido, o concello de Lugo pasará a nivel medio de restricións; Pontevedra, Poio e Marín baixan ao nivel medio-alto e continuarán conformando un perímetro; Narón tamén abandona o nivel máximo de restricións e pasará desde esta medianoite ao nivel medio-alto configurando un perímetro conxunto coa cidade de Ferrol. Isto mesmo acontece coa localidade do Porriño, que abandona o nivel máximo de restricións para adoptar as medidas do nivel medio-alto e, ademais, integrarse dentro do perímetro conformado por Vigo, Mos, Nigrán e Gondomar.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos de galegos, o subcomité clínico tamén acordou implementar unha vixilancia especial nos concellos de Abegondo, Neda, Ordes, O Barco, Verín, Rodeiro, Bueu, Baiona, Santa Comba, A Baña, Negreira, Mazaricos, Rianxo, Ribeira e a Pobra do Caramiñal, así como nas localidades de Boiro e Vilagarcía, nas que xa rexían restricións. Todas estes municipios continuarán, polo de agora, co mesmo nivel de restricións actual.

As medidas publicaranse esta tarde no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor desde as 00:00 horas desta medianoite.

Sanidade lembra da obrigatoriedade de cumprir todas medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.