Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de diciembre de 2020

CAMBADOS BAIXA DOS 60 CASOS, MELLORA TODO O ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS


Coronavirus Pontevedra: 51 contaxios novos e baixan a 1.137 os casos activos

Mellora da área sanitaria pontevedresa, que cada vez rexistra menos contaxios. Volve decrecer en casos activos a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que hoxe ten 98 casos e 3 hospitalizados menos que o martes pasado. Os contaxios diarios da área sanitaria continúan baixando. Nas últimas 24 horas producíronse 51 contaxios novos, e 70 altas, o que fai que baixen en 19 persoas os casos activos, pasando dos 1.156 de onte a 1.137 hoxe. Continúa habendo unha alta incidencia por practicamente toda a área sanitaria pontevedresa, con excepcións como Catoira, Barro ou Bueu. Vilaboa e A Lama continúan sendo as áreas máis afectadas.
Os resultados de hoxe de Cambados invitan ao optimismo, pero sen baixar a garda. 58 casos activos (256 en seguimento), que son 8 menos que no día de onte. Tras varias semanas instalados en máis de 70, é unha boa nova. O número de pacientes hospitalizados mantense en 62 persoas, distribuídos en 52 pacientes no CHU de Pontevedra (46 en planta e 6 na UCI), 5 no Hospital Público do Salnés e 5 no Quirónsalud de Pontevedra. Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde o inicio da pandemia tivo 5.519 casos de coronavirus, con 56 falecementos, 4.326 altas e 1.137 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.