O SERGAS comunicou que a partir do 31 de decembro deixará de prestar este servizo.
Tino Cordal (Concelleiro de Sanidade):
A dez días da supresión do servizo de Logopedia, os pacientes non saben se disporán doutro centro de referencia no que poderán ser atendidos.
Despois de reunirme cunha representación das familias cambadesas afectadas, esixinlle ao SERGAS explicacións por este novo agravio aos veciños de Cambados, pero ata agora non recibimos ningunha resposta.
As 100 familias cambadesas afectadas temen que a partir de xaneiro teñan que desprazarse ao Hospital Provincial de Pontevedra para recibir os tratamentos.
Este servizo atendía a persoas afectadas por autismo, demencia, enfermedades dexenerativas ou accidentes cerebrovasculares. A supresión dun servizo de proximidade como o que tiñan ata agora suporía un grave perxuizo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.