Coronavirus Pontevedra: 50 contaxios novos e baixan a 1.218 os casos activosA área de Pontevedra e O Salnés segue rexistrando un número similar de contaxios e altas novas Segue a relativa estabilidade na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que hoxe rexistra menos contaxios que altas e baixa en casos activos ata os 1.218, unha cifra inferior aos 1.254 do mércores pasado. Nas últimas 24 horas producíronse 50 contaxios novos e 67 altas, o que fai que baixen en 17 persoas os casos activos, pasando dos 1.235 de onte a 1.218 hoxe.
Casos activos en Cambados hoxe 78, 1 máis.
Incidencia acumulada 472
Pico de incidencia en Cambados en idades comprendidas dos 15 aos 24 anos. A maioría en reunións familiares.
Xa non existen os niveis de alerta municipais, e en cambio a Xunta fixo este mapa de novos casos por municipio nos últimos 14 días.
O número de pacientes hospitalizados baixa de 65 a 64 persoas, distribuídos en 59 pacientes no CHU de Pontevedra (50 en planta e 6 na UCI), 5 no Hospital Público do Salnés e 3 no Quirónsalud de Pontevedra.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 5.185 casos de coronavirus, con 50 falecementos, 3.917 altas e 1.218 casos activos nestes momentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.