No día de onte tivo lugar unha reunión entre a consellería de Sanidade e os concellos da área sanitaria Pontevedra-Salnés afectados na nosa comarca polo límite perimetral, é dicir, Cambados, O Grove, Vilagarcía e Vilanova. Nesa reunión cada concello recibeu os datos de afectados por Covid-19.
En Cambados a cifra a día de hoxe é de 63 casos activos e máis de 170 contactos en seguimento. Esta cifra supon dous casos máis que onte, 61, unha cifra que non se movía desde o pasado sábado. Na reunión comunicouse aos concellos que tralas medidas que se adoptaron no se van ver os resultados nin haberá incidencias significativas no número de casos ata que pasen ó redor de dúas semanas.
Desde o dia que empezaron as restricións Cambados ten dous casos máis e había ao redor de cento setenta persoas en seguimento. A destacar que no Asilo había 17 persoas afectadas, 9 traballadoras e 8 residentes (hai que restar duas altas nas últimas horas). Permanecían aillados dous residentes no propio Asilo, 4 están no Hospital do Salnés e otros 4 na residencia a que os derivaron de Vigo. A situación segue igual á espera de que se den esas altas xa pois xa trancurriron os días da cuarentena.
Outro foco en Cambados é o I.E.S. Asorey con 7 casos, despois de que o martes se confirmara un novo caso que sumar aos 6 da semana pasada.
Desde o Concello seguen apelando á responsabilidade individual de cada persoa sobre todo nos sitios onde se producen máis contaxios que son nas reunións familiares ou con amigos posto que é cando baixamos a garda e quitamos as mascarillas. Así que piden que se sigan a manter as distancias e que se siga a manter o uso de mascarilla o lavado de mans sobre todo para protexer a todas aquelas persoas que son vulnerables e están en risco.
Na reunión de onte tamén pediron os alcaldes e alcaldesas pediron que se sigan facendo as PCR na mesma cantidade que ata agora e que non se reduza o número de probas que se fan dado que se producirían datos engañosos. Menos PCR´s, menos casos positivos polo que parecería que existe unha melloría que sería irreal facendo parecer que a situación está controlada e non é así.
É mellor que os datos sexan o máis reais posible para a partires de deses datos saber realmente como poden os concellos actuar ou seguir mantendo ou non determinadas actividades de cara a campaña de Nadal. Tamén piden que os veciños sigan a mercar no comercio local a fin de evitar máis perxuicios aos autónomos que están a sufrir nas suas economías a perda derivada da COVID-19.
Neste sentido esta mañán houbo unha concentración do sector da hostelería as portas do Concello sumándose a todas esas concentraciones de hosteleiros que hai por toda España.
O goberno local apoia aos veciños e veciñas do sector da hostelería e restauración pero está claro que hai que seguir o que se ordea desde a Xunta ou o goberno central.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.