Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de noviembre de 2020

6 POSITIVOS NO ASOREY E AUMENTAN OS ENFERMOS NO ASILO


Segundo informacións da Xunta que recollen varios medios, o IES Francisco Asorey de Cambados conta entre os seus alumnos con seis positivos por COVID-19.

A incidencia da pandemia do coronavirus en escolas infantís, colexios e institutos de Galicia freou a tendencia á alza nos últimos días, xa que os casos activos baixaron en catro con respecto aos datos do sábado, ata situarse no total de 1.298 onte martes.

De acordo cos datos ofrecidos pola Xunta actualizados a última hora do luns, as aulas en corentena reducíronse nunha, ata as 70. Mentres tanto, a escola infantil Golfiños de Lugo continúa como único centro de toda a Comunidade que permanece pechado, con cinco casos de coronavirus. Na área sanitaria de Pontevedra, que se estabilizou con 149 casos activos de coronavirus (-3) e oito aulas clausuradas (-1). Os casos máis graves desta zona son o IES Gonzalo Torrente Ballester (sete positivos), o IES Chan do Monte de Marín -outros sete- e o IES Francisco Asorey de Cambados (seis).
Polo que respecta as residencias en total, na área sanitaria, na zona do Salnés hai 85 maiores contaxiados en Ribadumia (74), Cambados (8), Vilagarcía (2) e Caldas (1); e 38 traballadores en Ribadumia (28), Cambados (9, +1) e Vilagarcía (1).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.