Este martes rexistráronse 42 casos activos menos que o luns. Con todo, esas cifras non implican que os contaxios desaparecesen, senón que nas últimas 24 horas contabilizáronse 24 novos positivos. Polo tanto houbo nas últimas 24 horas 66 pacientes curados, de modo que aínda que hai 42 casos activos menos, hai 24 positivos novos diagnosticados.
Hai 469 casos activos na área sanitaria, dos que 453 atópanse en seguimento domiciliario e 16 están ingresados en distintos hospitais. A cifra de hospitalizados en planta segue sen variacións con respecto ao luns, un total de 12, dos que 10 están no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 2 no Hospital do Salnés-
Os outros 4 pacientes con covid-19 están na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. Supón un paciente menos que o luns en estado grave.
No balance oficial de datos deste martes chama a atención o número de PCR' s realizadas, pois, nas últimas 24 horas, fixéronse 306, unha cifra moito máis baixa do habitual nos últimos días. O luns realizáronse 672; o domingo, 795; e o sábado foran 683. Ata este martes realizáronse 51.659 desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés .
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 1.954 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 24 pacientes.
Polo que respecta a vilas do Salnés, Cambados baixa en un o número de afectados, de 23 a 22, Sanxenxo ten este martes 12 casos activos (1 menos que onte luns) e Vilanova de Arousa este martes sobe de 17 a 19 casos. Vilagarcía mantén os 41 desde hai uns días.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.