Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de octubre de 2020

GALICIA SUPERA AS 800 MORTES POR COVID-19


Galicia superou na xornada deste mércores os 800 falecidos con covid-19 coa notificación de seis novas mortes que sitúan o cómputo total de vítimas desde o inicio da pandemia en 803.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, catro dos falecementos notificados están relacionados residencias. En concreto, un home de 94 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO) procedía da Residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. Así mesmo, perderon a vida dous usuarios de residencias ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Trátase dunha muller de 53 anos que procedía do centro Pai Menni de Betanzos e dun home de 78 anos usuario da Ballesol de Oleiros. Pola súa banda, na residencia de maiores de Val de Monterrei rexistrouse a morte dunha muller de 88 anos. A maiores, Sanidade notificou a morte dunha muller de 87 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS); e doutra señora de 79 anos que faleceu no seu domicilio da área sanitaria de Vigo. Os seis falecidos rexistrados polas autoridades sanitarias galegas este mércores presentaban patoloxías previas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.