Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de octubre de 2020

AUMENTAN OS HOSPITALIZADOS EN PONTEVEDRA-SALNÉS


Coronavirus Pontevedra: 67 contaxios novos e soben a 727 os casos activos

A área de Pontevedra e O Salnés continúa empeorando e os pacientes hospitalizados ascenden a 51. Segue sumando casos activos a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e achegándose ao seu máximo de 834, rexistrado hai un mes, o 26 de setembro. Nas últimas 24 horas producíronse 67 contaxios novo e 23 altas, o que fai que suban en 44 persoas os casos activos, pasando dos 683 de onte a 727 hoxe. Non hai cambios polo momento no nivel de alerta por municipios (a Xunta de Galicia non actualizou o mapa). Alerta nivel 3 (vermella): Marín, Poio, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa (71 casos, 3 máis que onte). Alerta nivel 2 (laranxa): Cambados (23 casos, 1 menos que onte) e Cuntis. Alerta nivel 1 (amarela): Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Sanxenxo, Vilaboa e Vilanova de Arousa. O número de pacientes hospitalizados sobe de 47 a 51 persoas, distribuídos en 45 pacientes no CHU de Pontevedra (36 en planta e 9 na UCI), 4 no Hospital Público do Salnés e 2 no Quirónsalud de Pontevedra. Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, desde o inicio da pandemia tivo 3.102 casos de coronavirus, con 29 falecementos, 2.346 altas e 727 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.