Tras dúas xornadas por baixo da trintena de novos casos de coronavirus (28 o luns e 26 o domingo), o balance de afectados na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés volve aumentar de maneira considerable.
Segundo as cifras publicadas pola Consellería de Sanidade, hai 39 novos contaxios con respecto á xornada de onte, cun importante incremento dos 'casos activos' ao colocarse nos 702. Isto supón 35 casos que resulta de restar a 39 as 4 altas epidemiolóxicas de pacientes.
Estes datos colocan a Pontevedra como a segunda área sanitaria de Galicia con maior número de casos, superando a Lugo e só por baixo da Coruña (1.114).
O dato positivo é que se rexistra un leve descenso no número de hospitalizados, cun menos que o luns. Así, hai ingresados en planta 14 persoas en Montecelo e unha máis no QuirónSalud Miguel Domínguez, evolucionando 5 afectados na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).
Desde o inicio da pandemia superaron o COVID 1.183 pacientes na comarca, con 19 falecementos asociados ao virus.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.