Non xurden efecto as restriccións na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que polo momento non ve unha redución no ritmo de novos contaxios de coronavirus.
O balance oficial feito público este sábado 19 de setembro pola Consellería de Sanidade, indica que a área pontevedresa mantense como a de maior incremento de casos de toda Galicia ao rexistrarse 51 novos positivos con respecto á xornada anterior.
Esta cifra dedúcese do aumento en 40 dos 'casos positivos' xunto aos 11 pacientes que recibiron o alta epidemiolóxica. En total, en Pontevedra e O Salnés permanecen activos 651 casos de COVID19.
Esta tendencia á alza segue repercutindo ademais na presión hospitalaria, con dous pacientes máis hospitalizados (24 en total). Deles 17 están ingresados en planta no hospital de Montecelo, 2 máis no Hospital do Salnés e 5 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).
Desde o inicio da pandemia superaron o COVID 1.141 persoas na área sanitaria, falecendo 19 pacientes positivos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.