Alza imparable na segunda onda da COVID-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. En apenas 24 horas, elevaron a 308 os casos activos por coronavirus. Sanidade confirmou polo tanto 40 novos infectados. O balance de activos surxe da suma de casos (40) menos as altas (11).
Segundo o Servizo Galego de Saúde, nesta área sanitaria hai sete pacientes hospitalizados con COVID-19. Seis están en planta no Complexo Hospitalario de Pontevedra e un está ingresado na UCI de Montecelo.
Os restantes 301 casos activos seguen aillados e medicados nos seus domicilios. Desde o inicio do plan de continxencia da COVID-19 curáronse 1.022 pacientes, once deles nas últimas 24 horas, e faleceron 18 pacientes na área sanitaria.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.