Case 90 contaxios , 88 exáctamente, vinculados a unha empresa avícola establecida no Polígono de Sete Pías en Cambados. Sobre 50 traballadores e 30 persoas achegadas a estes serían as cifras que se manexan de forma oficial.
Demóstrase así que os rastrexadores da Xunta non existen ou non son útis, posto que hai xa varios días que nesa empresa xa se confirmaran casos positivos entre traballadores. A pesares de esto non se fixeron probas a moitos familiares de enfermos positivos nin ao resto de traballadores.
O peor deste é que estamos no principio e nos próximos días seguirá aumentando o número de casos.
A maior parte dos diagnosticados presenta síntomas moi leves e noutros casos son asintomáticos.
Avícola de Galicia ( Avigal) segue funcionando en Cambados, pero reduciu a actividade a só o 40 por cento dun período normal, para tratar de conter o brote que empezou hai pouco máis dunha semana. Este brote de coronavirus é máis grave por número de afectados que se produce no Salnés, e preocupa posto que os traballadores infectados residen en varios concellos diferentes. Moitos deles son persoas mozas (de entre 25 e 27 anos), polo que potencialmente puideron ter unha vida social ampla, co risco que isto conleva de estender a enfermidade.
Seguiremos dando detalles sobra a nova.
Actualización.
Ata 96 persoas contaxiáronse de covid-19 tras o gromo que as autoridades sanitarias detectaron nas instalacións que a empresa Avícola de Galicia ten no municipio pontevedrés de Cambados. Fontes do servizo de Epidemioloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra confirmaron que se efectuaron 173 probas entre os traballadores da planta e os seus contactos directos, entre eles familiares e amigos, das cales 96 deron positivo.
Os primeiros casos detectáronse hai algo máis dunha semana e o contaxio estendeuse con rapidez entre os traballadores. A maioría das persoas contaxiadas son asintomáticas ou presentan síntomas leves da infección, polo que se están recuperando nos seus domicilios baixo supervisión médica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.