Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de agosto de 2020

AUMENTO DE CASOS SO FRENADO POLAS ALTAS NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS

Mantense este venres  o aumento no número de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Diagnosticáronse 17 positivos e nove pacientes foron dados de alta, polo que o Servizo Galego de Saúde contabiliza 187 casos activos, oito máis que onte. 
Segue sen cambios o número de pacientes hospitalizados. Hai tres, un ingresado en planta de hospitalización e 2 na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. Os outros 184 casos activos permanecen en illamento domiciliario
Desde o inicio da pandemia polo Covid-19 curáronse 971 pacientes, nove nas últimas 24 horas, e faleceron por este virus na área sanitaria 17 pacientes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.