Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de agosto de 2020

AS PRAIAS CAMBADESAS PREMIADAS CUNHA MEDALLA DE PRATA

A Rede Galega de Praias sen Fume, conta cun total de 162 areais pertencentes a 66 concellos. A evolución da rede, que iniciou a súa andaina no ano 2016 partindo duna iniciativa de sensibilización contra o tabaquismo do Concello de Baiona en 2012, está a ser moi significativa, pasando de 26 praias de 19 concellos en 2016, a 162 areais de praias pertencentes a 66 concellos na actualidade.
Isto supón que o 31,9% das 508 praias galegas están integradas no programa, concretamente o 30,1% das marítimas (132 de 438) e o 42,9% das fluviais (30 de 70). Respecto do ano pasado, a participación incrementouse con 21 praias máis, un 14,9% máis que as 141 de 2019; e dous concellos máis, pasando de 64 a 66.
Cómpre destacar que o 57,5% dos 115 concellos que teñen praias, ben sexan marítimas ou fluviais teñen alomenos unha praia sen fume. Ademais, 14 dos 66 concellos participantes, o 21,2%, conseguiron o diploma ouro, que é o máximo nivel ao que poder optar un concello por declarar todas as súas praias libre de fume. Asi mesmo hai 11 concellos con diploma prata, que se consegue ao ter como mínimo a metade dos areais declarados sen fume de tabaco
Se desglosamos os datos por provincias, vemos que A Coruña ten inscritas na rede 63 praias de 25 concellos. Deles, 9 teñen diploma de ouro: Corcubión, Mañón), Rianxo, Noia, Cedeira, Ponteceso, Dumbría, Cabana de Bergantiños e Laxe. Outros cinco concellos teñen o diploma de prata. Son Bergondo, Cabanas, Camariñas, Fene e Ortigueira.
A provincia de Lugo ten 26 praias de 14 concellos pertencentes a Rede Galega de Praias sen Fume. O concello de Barreiros ten o diploma de ouro e os de Cervo e O Vicedo o de prata.
En canto a provincia de Ourense, ten 10 praias en 8 concellos, mentres que a de Pontevedra rexistra 63 praias en 19 concellos. Deles, os concellos de Baiona, Redondela, Vilaboa e Cerdedo-Cotobade obtiveron o diploma de ouro, mentres que A Guarda, Cambados (a da Torre de San Sadurniño e os areais de Castrelo de As Saíñas e O Facho), Poio e Sanxenxo conseguiron o de prata.
A rede naceu cun fin educativo e de sensibilización social, recalcando a importancia da conduta dos adultos ante os máis pequenos, como figuras modélicas que son. O obxectivo é que a mocidade saiba que o normal é non fumar e avanzar e cambiar a percepción social sobre o tabaco, ao obxecto de converter este entorno en educativo e preventivo. O obxectivo da Consellería de Sanidade é conseguir que, nos vindeiros anos, todas as praias galegas formen parte da rede.
Nas praias sen fume non se pode fumar na zona do areal, quedando excluídas as zonas ao aire libre dos locais de hostalería situados nelas. Non existe vixilancia, nin sanción para o incumprimento, é unha elección voluntaria e persoal seleccionar unha praia sen fume como lugar de ocio, e polo tanto o seu cumprimento é unha responsabilidade persoal conseguindo así a participación activa da sociedade.
Galicia é pioneira na creación da primeira rede de praias sen fume, sendo o referente nacional na ampliación de espazos ao aire libre non regulados pola normativa vixente. A iniciativa está a ter unha gran acollida fóra da nosa comunidade e Consellería de Sanidade facilitou asesoramento e información a outras comunidades sendo Murcia a primeira en continuar o exemplo de Galicia, ademais de Asturias, Cataluña, Canarias, Baleares, Andalucía e a Comunidade Valenciana que xa teñen creada a súa propia rede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.