Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de agosto de 2020

A CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN VEU A CAMBADOS SIN PROTOCOLOS NIN CARTOS


A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, subliña que o seu departamento está traballando para un inicio de curso seguro, con todas as garantías sanitarias e dentro da máxima normalidade posible dentro do contexto actual da Covid-19. Neste senso, a conselleira fixo fincapé na necesidade de ir vendo a evolución día a día, así como atender ás decisións das autoridades sanitarias.
Así o expresou a conselleira esta mañá, durante unha visita ás instalacións do CEIP San Tomé de Cambados, onde puido comprobar in situ o plan organizativo que está levando a cabo o equipo directivo deste colexio de acordo co Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021, elaborado polas Consellerías de Educación e de Sanidade.
Precisamente a conselleira lembrou que o propio Protocolo xa especifica que todas as medidas nel recollidas poden ser obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Polo tanto estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren e sempre seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.
O que non dixo a Conselleira é que segundo a normativa cada colexio ten que adaptar o protocolo coa normativa sanitaria da Xunta, ás propias instalacións, ao alumnado e á capacidade de docentes que teña o colexio. Como San Tomé xa tiña feito o protocolo e para botar un cable por así dicilo, a directores doutros coles que se cadra non teñen os recursos que teñen en Cambados, publicaron na páxina interna das comunidades educativas o protocolo que tiñan para que lle servira de base a outros colexios, de cómo facer determinadas cousas. Aproveitando que a conselleira pasa as súas vacacións en Sanxenxo e gustoulle moito o protocolo veu a San Tomé a facer publicidade do mesmo. Evidentemente o que viña era a dicir como se pode levar a cabo un protocolo nun colexio sen que a Xunta poña nin só euro. Para que outros fagan o mesmo sen botar mán ou pedir cartos á Xunta.
Intentan xustificar que non é necesario nin só euro para facer fronte aos gastos que teñen que facer tamén os colexios. A instalación de dispensadores de hidroxel o propio hidroxel e resto de material desinfectante e de limpeza. Todo iso corre por conta do propio colexio. E como farán todos os colexios que non teñan unha capacidade económica suficiente para facerse cargo? Que van facer cando no mes de novembro ou decembro esgoten o hidroxel? Que vai pasar? A partires de novembro, por exemplo, os nenos xa non se limpan, xa non se lavan as mans ou as desinfectan? Un despropósito todo o que esta facendo a Xunta co tema dos colexios. Queren xogar coa saúde dos nenos e das familias dos nenos?.
Outra cousa son os anuncios de novos docentes. Estes docentes xa estaban en moitos casos contratados. Se están a contar docentes que se aumentan pero dado o aumento de novas unidades resulta este aumento queda en nada. Si nos poñemos a contar o número de docentes que se aumenta e o numero de colexios que hai en toda Galicia non supón nin un docente por centro.
Esixen cumprir os protocolos sanitarios e que hai que cumprir os protocolos para o inicio do curso escolar pero a Xunta xa na reunión que mantivo co presidente da Fegamp deixou ben claro que non vai a aportar nin un só euro e que teñen que ser os propios concellos os que se fagan cargo de facer 3 desinfeccións e tres limpezas diarias por centro. No caso de Cambados serían 7 centros educativos entre infantil e primaria. Todo por conta do Concello Ese diñeiro terá que saír dalgún sitio. A mediados de agosto co curso prácticament á volta da esquina e a Xunta non vai colaborar en nada.
Está moi ben que veña a conselleira que faga unha propaganda perfecta de que o inicio do curso se fará con todas as garantías sanitarias grazas a quen? Pois grazas o diñeiro que achegan os veciños e as veciñas de cada Concello para sufragar estas limpezas e estas desinfeccións. Grazas á Xunta que é a que ten as competencias desde logo non será.
O único que fixo a Xunta foi crear un protocolo deixando todo en mans de Concello e persoal docente. Non chega con facerse cargo dos monitores do Plan Madruga ou a limpeza como ata o de agora.
Os protocolos de saídas ao patios?
Cómo se vai a levar a cabo o protocolo dos comedores escolares que están xestionados polas AMPAS? E que moitas non o farán. Nin a propia Xunta de Galicia ten un informe como base os protocolos dos comedores que xestionan eles mesmos. Todo está moi ben poñerse méritos e poñerse medallas cando realmente o que está a facer a Xunta é que dás a orde e a publicas no DOGA e que cada concello que se busque a vida para cumprir esta orde. Cal é a seguridade que se vai a seguir nos colexios e no patio. Como vai facer nos colexios onde teñen un patio moi reducido e ten moito alumno? Irán por por quendas ao recreo? E para comer? Algúns empezarán a comer ás 11 da mañá porque supostamente teñen que comer por cursos. Nun comedor dun colexio que ten desde infantil ata 6º de primaria que empezan coas comidas ás 11 da mañá. Quen vai a limpar e desinfectar entre comida e comida? O Concello tense que encargar da limpeza do comedor escolar entre comida e comida?

Novo comedor

Por outra banda, Carmen Pomar sinalou que se van levar a cabo as obras para o novo comedor deste centro cambadés, unha vez que, nos próximos días, se formalice a sinatura do acordo co Concello . O investimento ascenderá a 120.000 euros que serán asumidos a partes iguais polas administracións autonómica e local. 

Destacar a ausencia da alcaldesa ou calquer outro membro do equipo de goberno local. Como consuelo cabe decir que tampouco asisteu o ex concelleiro de cultura ata hai 5 anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.