Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de agosto de 2020

A ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS VOLVE TER PACIENTES UCI 3 MESES DESPOIS

Segue a escalada do coronavirus en Galicia e a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non queda atrás. Segundo os datos ofrecidos polo Sergas hoxe venres hai un aumento de cinco casos activos (8, sumando 3 altas), o que fai un total de 85 pacientes contaxiados polos 80 de onte. 
Dos 85 enfermos, 83 evolucionan nos seus domicilios. Os outros dous están ingresados en centros hospitalarios. Un está en planta do Hospital  QuirónSalud Miguel Domínguez, e o segundo paciente ingresou na UCI de Montecelo. Este ingreso é o primeiro na U. C. I. do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra desde hai case 3 meses, concretamente o 23 de maio.
Tres novos pacientes, foron dados de alta, o que eleva a cifra de persoas que superaron a enfermidade desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 a 948 pacientes, mentres que o número de falecidos mantense en 17 pacientes.
Con respecto á corentena de 51 sanitarios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que estiveron en contacto cun paciente ingresado en Montecelo que deu positivo por coronavirus, a directora asistencial, Sonia Fernández- Arritu  Ferro, explicou este venres que xa foron dados de alta dez profesionais despois de dar negativas as dúas probas  PCR que se lle practicaron. Unicamente unha traballadora volveu dar positivo polo que seguirá en corentena a pesar de non presentar ningún síntoma.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.