Esta medianoite pasada tivo lugar un accidente na parroquia de Vilariño en Cambados un accidente. Unha colisión frontal entre dous vehículos. Segundo o relato dos responsables de Servizo de Emerxencias do concello de Cambados a colisión foi na EP-9506, á altura na parroquia de Vilariño. Como resultado do impacto, fíxose necesaria a evacuación da usuaria dun dos vehículos implicados. Trátase de M.E. J. G, de 59 anos, que presentaba dor cervical e dorsal. Esta veciña de Meaño foi derivada ao Hospital do Salnés. A Garda Civil de Tráfico instrúe as dilixencias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.