Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de julio de 2020

TRES CASOS MÁIS EN LUGO E MANTENSE A CIFRA DE PONTEVEDRA-SALNÉS

A cifra de casos activos con coronavirus reduciuse, cos datos facilitados este mércores pola Consellería de Sanidade, nunha persoa. Así, quedan 313 persoas coa enfermidade, tres delas hospitalizadas. Ningunha está na UCI. En Lugo os casos activos ascenden en tres. Cabe lembrar que a zona da Mariña vive un rebrote que, con datos de onte martes, había 35 enfermos relacionados con este rebrote. Duas das persoas dese brote estaban hospitalizadas. Suspendeuse a reapertura de locais de lecer nocturno e a volta de actividades como as verbenas, prevista para este 1 de xullo. O brote concéntrase maioritariamente en mozos de entre 20 e 30 anos e hai varias liñas de investigación para descubrir a súa orixe, aínda non pechado. Así pois, 128 dos enfermos están na área de Vigo, 70 na Coruña, 52 en Lugo, 23 en Santiago de Compostela, 20 en Ourense, 10 en Ferrol e 10 en Pontevedra. Queda un profesional das residencias e centros de discapacitados coa Covid-19 e cero usuarios. 10.633 galegos xa se curaron e a cifra de falecidos segue en 619. Fixéronse xa 185.374 PCR, unha cifra que aumenta con respecto ao dato do martes en máis de 3.000.

Polo que respecta ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non rexistrou cambios na súa situación epidemiolóxica nas últimas 24 horas. Este mércores 1 de xullo suma un total de dez casos activos de coronavirus, o mesmo número que o martes.
Segundo a última actualización de datos realizada polo Servizo Galego de Saúde, a área sanitaria mantense sen pacientes con coronavirus hospitalizados en planta ou en unidades de coidados intensivos.
Desde o 20 do pasado mes non hai novos pacientes curados e faleceron no área 16 persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.