Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de julio de 2020

SIGUE EN AUMENTO O REBROTE DA MARIÑA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 254, deles 30 son da área da Coruña, 143 da de Lugo, 3 da de Ourense, 2 da de Pontevedra, 61 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 248 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.808 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 199.680.
O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo increméntase de 117 a 143, un salto de 26 contaxios confirmados, nas últimas 24 horas, segundo o balance do servizo galego de saúde, o Sergas. Un incremento que se produce no contexto do rebrote de Covid-19 na Mariña, que levou á Xunta a decretar un confinamento de polo menos cinco días, vixiado con exhaustivos controis policiais. A provincia lucense concentra, así, máis da metade dos casos que se rexistran en Galicia, onde o total descende de 258 a 254. O motivo: o bo comportamento no resto de áreas sanitarias. Na Coruña pásase de 40 a 30; en Ourense, de 5 a 4; en Vigo, de 77 a 61; en Ferrol, de 4 a 2; Santiago non experimenta cambios e mantense en 13 casos. A Consellería de Sanidade acoutou posteriormente que, deses 143 casos, 119 corresponden á comarca da Mariña. Segundo o departamento autonómico, a maioría deses casos son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve; iso si, teñen a obrigación de gardar corentena durante 14 días. Catro persoas asociadas ao rebrote da Mariña están ingresadas no hospital público comarcal e a súa evolución, explica o Sergas, é «favorable». Desde a Xunta destácase que «todos estes casos están relacionados co brote, o que permite garantir a trazabilidad dos casos e seguir na mesma estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz, para cortar canto antes a transmisión».

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.