Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de julio de 2020

O CONCELLO DE CAMBADOS RECOMENDA A NON CELEBRACIÓN DE FESTAS PRIVADAS

BANDO DA ALCALDÍA
RECOMENDACIÓN E ADVERTENCIA DE NON CELEBRAR FESTAS
        PRIVADAS  NAS DATAS PREVISTAS  PARA A CELEBRACIÓN         
   DA  FESTA DO ALBARIÑO
             (29-30-31 DE XULLO E 1-2 DE AGOSTO)
            A Alcaldesa  do Concello de Cambados Fátima Abal Roma
DISPOÑO
                                                                     
Como prevención dos brotes de Covid-19,  o Concello anuncia que vanse controlar os espazos   públicos, (prazas,  xardíns,   etc) para evitar que se incumplan as  normativas  de seguridade  anti-contaxio do  covid-19. Debemos  evitar aglomeracións de  persoas  para  previr  o  contaxio, garantir a seguridade  da cidadanía e evitar a  propagación do virus.
DENDE O CONCELLO RECOMENDÁMOSLLE:

A todas as persoas propietarias de fincas e  locais privados que eviten  facer ningunha festa nin  banquete durante esas datas, que pensen na gran responsabilidade na que se poden ver implicados  se hai un brote de coronavirus,  que lembren que a ocupación da vía pública está totalmente prohibida, agás os locais de hostalería con licencia municipal cumprindo  as normas  de aforo.
A toda a hostalería local, que teñan en conta que nos seus locais e terrazas o/a  empresario/a, non a clientela, é responsable de que se cumplan as normas, e que tanto a Garda Civil como  a Policía Local van inspeccionar e sancionar a todos aqueles locais  que non cumpran os aforos.
Polo ben de toda a cidadanía, cumpramos as recomendacións sanitarias na nova normalidade,  atendendo ao uso obrigatorio das mascarillas, á distancia social en espazos pechados e ao aire libre,  e á desinfección frecuente de mans.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.