Un mozo de 24 anos e veciño de Vilagarcía de Arousa morreu este domingo tras chocar con outro vehículo e envorcar o coche que conducía na localidade pontevedresa de Sanxenxo, informaron fontes do 112 Galicia e a Garda Civil.
O suceso ocorreu ao redor das 2,30 horas na estrada PO-308, o seu paso por Portonovo á altura do campin da praia de Paxariñas. Un particular chamou ao 112 para avisar de que un vehículo estaba envorcado na cuneta e había unha persoa inconsciente atrapada no interior. Os servizos de emerxencia tiveron que liberar á vítima.
Ademais, os ocupantes do outro vehículo resultaron feridos leves no suceso, indicaron fontes da Garda Civil.
O 112 informou ao 061, que mobilizou unha ambulancia medicalizada, e á Garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Ribadumia e Emerxencias de Sanxenxo. Tamén se deu aviso ao persoal do servizo de mantemento da estrada para garantir a circulación con seguridade.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.