O termómetro non marcara unhas cifras tan altas en todo o verán na Comunidade galega. Tanto é así que A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por altas temperaturas para avisar a todos os galegos e turistas que nestas épocas visitan Galicia, que ademais dos posibles perigos por coronavirus, tamén hai perigos por expoñerse á calor. De feito, o mercurio chegou onte ata os 37 graos centígrados nas Rías Baixas e tamén na zona do Miño (Pontevedra).
Pero o máximo de temperatura levoullo a provincia de Ourense, que se mergullou nunha calor sufocante: rozaron os 40 graos. Desgraciadamente, a diferenza de Pontevedra, Ourense non ten praia e as pozas ao aire libre permanecerán pechadas polos concellos.
Debido a estas altas temperaturas, que tampouco son extraordinarias teniendo en cuenta a época do ano, sobre todo na provincia de Ourense, Emerxencias avisou a concellos, deputacións e protección civil das zonas afectadas para que se manteñan alerta ante problemas derivados da calor. Desta maneira, tratarase de garantir a seguridade todos os cidadáns e bens.
Por suposto, non basta só con que os servizos de emerxencias estean alerta, senón que tamén é labor cidadán manterse precavido e coidadoso con estes riscos: recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. É tamén aconsellable manterse hidratado, tomar comidas lixeiras, cubrirse a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol. Ademais, lémbrase que nunca debe deixarse a nenos ou persoas maiores no interior de vehículos pechados.
O resto da fin de semana non apunta a distar moito co día de hoxe no que temperatura se refire: a provincia de Pontevedra hoxe alcanzará máximos de 34 graos, mentres que en Ourense espérase alcanzar os 39. A provincia da Coruña rexistrará hoxe 34 na capital galega, pero irase suavizando facía o norte, ata chegar á Coruña, con 30. En Lugo, os termómetros alcanzarán un máximo de 32 graos. O domingo suavizaranse, cunha baixada ao redor de dous graos menos en toda Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.