Por terceiro día de forma consecutiva hai un aumento de novos positivos e de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
En só tres días os test con resultado positivo disparáronse, aumentando este domingo en 7 os novos positivos con respecto aos datos de onte sábado. Así o reflicten os datos ofrecidos hoxe domingo pola Consellería de Sanidade, na que sitúa os 'casos activos' na área pontevedresa en 19, catro máis que o día anterior, mentres que se rexistraron tres altas epidemiolóxicas. Da suma deses dous conceptos sae a conclusión dos test que tiveron resultado positivo en Covid.
Ademais despois de 10 días, un paciente afectado de coronavirus foi ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra, concretamente en planta no hospital de Montecelo. O resto de 18 casos activos evoluciona nos seus respectivos domicilios.
A área sanitaria non sumaba unhas estatísticas tan elevadas desde o pasado 3 de xuño, cando se contabilizaban 25 casos activos.
Desde o inicio do plan de continxencia curáronse en Pontevedra e O Salnés 910 pacientes afectados de coronavirus, manténdose en 16 o número de falecementos asociados á pandemia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.