Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de junio de 2020

UN NOVO FALECIDO EMPAÑAN AS CIFRAS DA XUNTA

O número de casos activos de coronavirus en Galicia este xoves é de 465 (once menos que onte), mentres que o de pacientes curados ascende a 10.356 (18 máis), segundo os últimos datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Na última actualización de datos proporcionada polas autoridades sanitarias infórmase de que 105 dos casos pertencen á área da Coruña, con tres persoas ingresadas; 29 á de Lugo, 31 á de Ourense, 11 á de Pontevedra, 184 á de Vigo, 92 á de Santiago e 13 á de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en unidades de hospitalización e 454 no domicilio, mentres que, do mesmo xeito que ocorría onte, as UCI permanecen libres da enfermidade por primeira vez desde o 7 de marzo. Os falecementos, pola súa banda, ascenden a 619, despois de que unha persoa perdese a vida onte. Trátase dun home de 83 anos que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( CHUVI).

Na área Pontevedra-O Salnés seguen os mesmos 11 positivos de onte. Nas últimas 24 horas non houbo nin novos contaxios nin altas hospitalarias que contabilizar.. Desde o inicio da pandemia curáronse 888 pacientes nesta área sanitaria. E contabilízanse un total de 16 pacientes. falecidos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.