Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de junio de 2020

QUEDAN PROHIBIDAS AS FOGUEIRAS EN LUGARES PÚBLICOS DE CAMBADOS

Aquelas persoas interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán   (noite de 23 ó 24 de xuño) e San Pedro ( noite do 28 ó 29 de xuño), teñen de prazo ata o día 22 de xuño  (San Xoán) e ata o día 27 de xuño (San Pedro), para presentar unha comunicación dirixida ao Concello.
As comunicacións presentaranse, preferentemente, por medios electrónicos (https://cambados.sedelectronica.gal/ ou no Rexistro Municipal,  segundo o modelo que se fai público.
Que este ano, como consecuencia do COVID-19, unicamente se autorizarán fogueiras en terreos privados
Esta Alcaldía fai un chamamento á veciñanza para o cumprimento das medidas de seguridade que se indican na comunicación, así como tamén aquelas de carácter sanitario derivadas do COVID-19.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.