
O número de persoas que atravesa o coronavirus en Galicia segue descendendo. Segundo as cifras que publicou o Sergas, nestes momentos son 311 os casos activos en Galicia, 22 menos que a xornada anterior. Recupéranse máis enfermos dos que se contaxian. Nas últimas 24 horas curáronse un total de 37 persoas na Comunidade, o que eleva o total de pacientes que superaron a Covid-19 ata os 10.563. Con todo, o reconto podería variar nas próximas horas. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acaba de comunicar que é posible que o brote rexistrado en Cervo (Lugo) poida alcanzar os 18 positivos. Aínda que non está aínda confirmado, os tres casos que se detectaron en Burela, que nun principio se pensaba que non estaban relacionados co rebrote, finalmente se o estean.
A cifra de falecidos continúa sen cambios con 619 mortes por coronavirus en Galicia.
Como en xornadas anteriores, a Covid non provoca xa unha gran presión hospitalaria. Quedan tan só catro pacientes ingresados en planta, un menos que onte e desde hai días as UCI están baleiras de persoas con coronavirus. Por áreas sanitarias, 81 dos casos activos atópanse na de Coruña, 31 en Lugo, 21 en Ourense, 8 en Pontevedra, 133 na de Vigo, 26 en Santiago e 11 en Ferrol.
A situación nas residencias de anciáns, nas que faleceron 274 persoas, continúa tamén invariable con respecto á xornada anterior. Quedan cinco persoas atravesando a enfermidade, catro maiores e un traballador. En total en Galicia realizáronse 171.518 probas PCR.
Pontevedra-O Salnés
Segundo o balance ofrecido pola Consellería de Sanidade na área pontevedresa seguen sendo 8 os casos activos de Covid-19, manténdose desde o pasado 18 de xuño e que mantén a Pontevedra e O Salnés como a zona sanitaria de menor incidencia de Galicia.
Todos os casenfermos evolucionan nos seus domicilios, a cifra de curados é de 893 pacientes desde o inicio da pandemia. Na área sanitaria faleceron 16 persoas relacionadas co Covid-19.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.