Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de junio de 2020

CAMBADOS REFORMARÁ VARIAS RÚAS AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 1.732.472,88 euros en asistencia a 8 municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos. 
Os beneficiarios das achegas son Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Cambados, Agolada, Cangas, Meis, As Neves e Salvaterra de Miño.
No que respecta á liña 1 de investimentos, a Deputación financiará obras de mellora de servizos, urbanizacións ou pavimentación de camiños en Vilagarcía, Soutomaior, Cambados e Agolada. En concreto, a Vilagarcía destínanse case 750.000 euros, 600.000 euros para a reforma dunha edificación para convertela nun albergue de peregrinos/as en Carril, e case 150.000 para a mellora de servizos e urbanización na rúa Freixo en Vilaxoán. Soutomaior e Agolada recibirán achegas de 110.277,23 euros e 143.994,32 euros, respectivamente, para a mellora e pavimentación de camiños municipais. 


Por último, a institución provincial destina 143.994,32 euros para que Cambados poida renovar a praza de San Gregorio. Outras obras serán: Na rúa Manuel Murguía, o concello vai urbanizar a zona con novos servizos. Rúa Nova, no tramo de Correos, tamén vai ser obxecto dunha importante intervención por valor de 112.500 euros. Na parte de atrás da igrexa parroquial, acometerase a segunda fase da construción das beirarrúas. O Plan Concellos 2020 complétase con obras na rede de camiños do rural, a construción dunha rotonda entre O Pombal e a avenida da Coruña, pavimentacións en Beleco, Carballeira e Caamaño Bournacell e continuarase co plan de mellora de parques infantís. Non todo o investimento quedará sobre o asfalto. Van instalar quince puntos wifi en edificios públicos do núcleo urbano e nos centros sociais das parroquias que permitirán conectarse a Internet de forma gratuíta.
As obras teñen un orzamento total de 666.360 euros.

En canto á liña 2, a Deputación aproba 209.074,9 euros para Cangas, Meis e As Neves. En Cangas os recursos destinaranse ao tratamentos de residuos sólidos urbanos, en Meis serán para as xornadas de autopromoción vitivinícola e no caso das Neves para a dinamización do comercio local e iniciativas culturais. Na liña 3 de emprego apróbanse modificacións de achegas para Salvaterra de Miño e As Neves que permitirán contratar a 27 persoas (15 en Salvaterra e 12 nas Neves)
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.