
O balance de casos activos de coronavirus en Galicia volve situarse no mesmo punto no que estaba 48 horas atrás: 341 en total, segundo informou no seu balance diario a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.
Desde que do 11 ao 12 de xuño produciuse un esborralle de máis de 100 positivos activos, na última semana a pinza non foi máis aló da vintena de casos de diferenza, cunha tendencia ao recorte (eran 357 aquel día) pero certas fluctuaciones, con leves subidas puntuais.
Agora rexístrase outro suave descenso (-2) que vén compensar na mesma medida o lixeiro repunte da véspera. Por áreas sanitarias, esta é a distribución de enfermos que padecen nestes momentos a enfermidade: 109 na Coruña, 17 en Lugo, 24 en Ourense, 9 en Pontevedra, 141 en Vigo, 29 en Santiag e 12 en Ferrol.
Os dous pacientes que abandonan esta listaxe atopábanse nos seus domicilios, situación na que se achan 335 galegos. Por tanto, non hai variacións na rede do Sergas, onde 6 persoas seguen hospitalizadas por Covid-19, sen ocupaciuón de camas UCI. Con 10.1518 curados, segue sen moverse a de seu avultada cifra de falecidos: 619. Practicáronse, en total, 163.569 PCR.
Nas residencias sociosanitarias, segundo o último reconto da Consellería de Política Social, hai nestes momentos cinco usuarios afectados en centros da terceira idade por só un empregado.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés tras máis dunha semana sumou novos casos positivos de coronavirus. Hoxe contabilízanse nove casos activos, dous máis que a xornada anterior.
Segundo o comunicado oficial do Servizo Galego de Saúde en Pontevedra, a área sanitaria mantense sen pacientes con coronavirus hospitalizados en unidades de coidados intensivos nin en planta en ningún dos centros sanitarios de referencia.
Os nove casos activos que se contabilizan na área sanitaria son pacientes que evolucionan nos seus domicilios. Este xoves eran sete e ata o mércores mantivéronse varios días en oito.
Desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 curáronse 892 pacientes, ningún nas últimas 24 horas, e faleceron nesta área sanitaria 16 pacientes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.