Un novo repunte nos falecementos por coronavirus.
Durante o tarde cinco persoas máis faleceron en Galicia por culpa do coronavirus. Ao longo da xornada o Sergas informou de tres mortes máis co que a cifra total desde que comezou a pandemia chega en Galicia a 581. Os últimos casos son os dunha muller de 79 anos, ingresada na Rosaleda de Santiago, un home de 78 hositalizado no Chuac coruñés, dúas mulleres de 71 e 78 anos ingresadas no Chuvi de Vigo e un home de 90 anos hospitalizado no CHOU de Ourense. Todos eles contaban con patoloxías previas, indica o Sergas.
Na actualización matinal comunicáronse tres mortes máis en centros hospitalarios e ningunha en residencias ata agora. Trátase dun home de 93 anos ingresado en Chuac; e un home de 89 anos e unha muller de 73 anos ingresados no CHUS. Ao igual que os decesos da tarde, todos eles diagnosticaron patoloxías previas, segundo o Sergas.
Con estas 8 novas mortes en centros hospitalarios, a cifra de falecidos por COVID en Galicia elévase ata as 581: 451 en hospitais, un deles en atención domicilaria, e outras 130 persoas en residencias de maiores.
Desde o inicio da pandemia notificáronse 123 falecidos en hospitais da área sanitaria da Coruña, 92 na área de Ourense, 90 na área de Vigo, 78 na área de Santiago, 28 na área de Ferrol, 25 na de Lugo (unha das persoas, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.