A Consellería de Sanidade cifrou este venres en 773 os contagios activos por coronavirus en Galicia, 26 menos que onte, e en 9.896 as persoas que xa superaron a enfermidade desde o estalido da crise.
Por áreas sanitarias, 179 dos 773 pacientes en tratamento concéntranse na demarcación da Coruña, 49 na de Lugo, 89 na de Ourense, 30 na de Pontevedra, 266 na de Vigo, 139 na de Santiago e 21 na de Ferrol.
En canto á súa situación asistencial, cinco persoas están a ser atendidas en unidades de críticos, 37 en planta e o resto, 731, permanecen nos seus domicilios ao non presentar unha situación clínica grave.
Os falecidos, por outra banda, sitúanse en 615 (272 deles vinculados a centros residenciais), unha cifra que permanece inmutable desde o martes, e as PCRs realizadas en 140.225.
OS CONTAXIOS POR CORONAVIRUS BAIXAN A 30, NINGÚN DELES HOSPITALIZADO NA ÁREA PONTEVEDRA-O SALNÉS
Descende ata 30 o número de diagnosticados por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés, que dende onte permanece sen pacientes hospitalizados.
Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de sanidade, hai 6 casos activos menos que onte e todos os contaxiados evolucionan nos seus domicilios.
Ademáis, nas últimas 24 horas curáronse 11 pacientes e xa son 853 os que superaron a enfermidade dende o inicio da pandemia.
O número de falecidos asociados ao covid mantense en 16.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.